Sthela Táboas 05/08/2021

Trátase da mostra de pezas de Ana Rosa Lista Sebe titulada ‘O Camiño do Encaixe’ e o desfile e concurso de deseñadores noveis ‘Desfilamos’ que terá lugar o vindeiro 28 de agosto

O Pazo de Mos acoleu esta mañá a presentación da exposición ‘O Camiño do Encaixe’ e do evento ’Desfilamos’, que organiza a Asociación de Palilleiras de Mos. No acto estiveron presentes a artista do encaixe de bolillos, autora de todas as pezas da mostra, Ana Rosa Lista Sebe; xunto coa presidenta da Asociación de Palilleirasde Mos, Montserrat Pereira Troitiño, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; a concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro; e demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos.

Ambas propostas enmárcanse dentro dunha iniciativa da Asociación de Palilleiras de Mos para o programa “O Teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia. A exposición estará aberta ao público desde hoxe ata o 11 de setembro, no Pazo de Mos en horario de 16.00 a 20.00 h; e o desfile e concurso están programados para o vindeiro 28 de agosto.

Nas súas pezas a artesá galega, Ana Rosa Lista Sebe, vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago, a través da simboloxía e dos edificios emblemáticos que transcorren polas rutas xacobeas.

O programa inclúe tamén a celebración de dous obradoiros no Pazo dos Marqueses de Mos: “Os Camiños do Encaixe I e II”, impartidos por Lista Sebe os días 18 e 19 de setembro, e dirixidos a tod@s aqueles que queiran ben iniciarse nesta arte ou especializarse.

Asemade, o 28 de agosto na contorna do Pazo de Mos celebrarase un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores, convocado tamén para esa mesma data, e que conta tamén coa presenza de pezas de deseño de varias firmas galegas de moda.

O programa autonómico “O Teu Xacobeo” financia estas iniciativas das Palilleiras de Mos, con motivo do Ano Santo e co obxectivo de impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio; pero tamén para ser un revulsivo para a recuperación turística da zona, tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad