José Docampo 05/08/2021
Noroeste Estrella Galicia

Como acontece no resto das citas programados no Concello da Coruña, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contan tamén cunha capacidade limitada, control de acceso con reserva previa e puntos de hixienización en cada evento.

Un ano máis, a situación sanitaria require dun protocolo de seguridade sanitaria que protexa ás persoas asistentes, artistas e aos profesionais que traballan na 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021.

Nese sentido, volvemos incidir na necesaria responsabilidade persoal e individual dos diferentes colectivos implicados nesta cita musical, especificamente no público asistente. Todas e todos deberán seguir as instrucións do plan de seguridade.

Así será o protocolo COVID:

O primeiro a ter en conta é que se algunha persoa presenta algún síntoma da enfermidade non debe acudir ao concerto para o cal teña reservada a súa asistencia.

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade. 

As portas para cada espectáculo abriranse 1 hora antes do inicio do mesmo, polo que se pide ao público que non acuda antes dese momento para evitar reunións innecesarias de persoas.

As entradas son nominais polo que haberá que identificarse ao chegar ao recinto verificándose que coinciden os datos da invitación cos da persoa que se presenta para asistir ao espectáculo. É preciso ter as persoas identificadas por motivos de trazabilidade.

Deberase respectar en todo momento a distancia de seguridade nas filas, a sinalización que haberá na zona de control de acceso aos recintos, onde tamén estarán os puntos de xel hidroalcohólico.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad