Redacción 19/12/2020

A condena responde a un fraude de máis de 3,2 millóns de euros. Alén da millonaria sanción, a empresa non poderá acceder a beneficios e subvencións durante tres anos.

 

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou unha empresa de Mos dedicada ao comercio por xunto de produtos chineses ao pagamento dunha multa de 1,4 millóns de euros por cometer un delito contra a facenda pública. Ademais, impúxolle o pago dunha indemnización a Facenda de 713.941 euros. O tribunal tamén condenou a mercantil á perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas e do dereito para gozar beneficios ou incentivos fiscais ou da Seguridade Social durante un período de tres anos.

As maxistradas consideran probado que a empresa presentou autoliquidacións por IVE correspondentes ao exercicio 2016 nas que, coa intención de defraudar a Facenda, non foron incluídas a totalidade das vendas realizadas. A diferenza entre os ingresos declarados e os reais ascendeu, segundo consta na resolución, a máis de 3,2 millóns euros, o que supuxo “a consciente omisión de ingreso no Tesouro Público de 713.941 euros”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad