Redacción 19/12/2020

A decisión de sacar a concurso todos os contratos de servizos e subministracións municipais tomada polo Concello de Mos para tentar corrixir a delicada situación financeira suporá un aforro do 40% en gasto corrente respecto dos anos anteriores. En casos como o subministro de material de vías e obras chégase a producir un aforro anual de 16.000 euros.

 

Fai uns meses anunciábase desde o Concello de Mos unha medida de aforro consistente en sacar a concurso público a contratación de todos os servizos e subministracións municipais. Este procedemento xa se atopa rematado e permite no novo orzamento municipal para 2021 un aforro do 40% en gasto corrente, segundo informa o Concello.

Todas as contratación atópanse xa licitadas, destacando importantes exemplos de aforro nalgúns contratos como os de mantemento de ascensores, climatización, subministro de material de limpeza e subministro de material de vías e obras. Neste último, antes da adxudicación do contrato de subministro de material gastábanse uns 41.000 euros anuais, fronte aos 25.000 euros con contrato; supoñendo un aforro de 16.000 euros.

En mantemento de ascensores sin contrato gastábase un importe de 10.000 euros, fronte aos 3.467,38 euros con contrato; o que supón un aforro anual de 6.532,62 euros. En servizo de conservación de equipos de climatización o gasto sen contrato era de 22.901,58 euros e con contrato de 12.577,35, aforrando 10.324,23 euros. En subministro de material de limpeza gastábase anualmente sen contrato 22.059,2 euros e tras a contratación 13.365 euros. O que supón un aforro de 8.694,20 euros.

Outros dos contratos adxudicados foron os dos servizos de limpeza viaria e desbroce de cunetas, mantemento de zonas verdes, mantemento de alumeado público, mantemento de instalacións (calefacción, climatización, instalación contra incendios, etc.), subministros de material de oficina, subministro de combustible para a Piscina Municipal, subministro de aglomerado, renting de vehículos municipais, servizo de prevención de riscos laborais, aluguer de maquinaria de obras, mantemento de alarmas nas instalacións municipais, punto limpo, seguros municipais, asistencia técnica informática, telefonía, etc. A maioría destes contratos son por un prazo de duración de dous anos prorrogables outros dous.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad