Redacción 24/08/2023

A alcaldesa salcedense asinou hoxe o cese trala decisión da oposición no Pleno de non ratificar o Decreto de nomeamento

A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, procedeu hoxe a asinar o cese da única persoa que exercía traballos encomendados a persoal de confianza, ao non ratificar o Pleno municipal o Decreto de nomeamento. O cese é efectivo dende o día 21 de agosto.

Na sesión plenaria celebrada onte, a corporación local decidíu non aprobar o nomeamento nas mesmas condicións que figuraba nos orzamentos do Concello, e tampouco con outras características diferentes como fora a pretensión inicial do grupo de goberno, o que na practica significa un rexeitamento ao nomeamento deste persoal eventual, e que se produce por vez primeira dende o ano 2006. O punto foi rexeitado cos votos en contra do PP e do Grupo Mixto-BNG e a abstención do PsdeG-PSOE.

A pesares de que o PSdeG-PSOE amosouse a favor de que o persoal eventual puidera existir sempre en cando non se actualizase o seu salario (igual que en 2019), finalmente na sesión plenaria decidiu absterse, argumentando agora que o que se trataba era o conxunto, entendendo que non se podía aprobar o persoal eventual se non eran aprobadas as retribucións do resto dos concelleir@s do goberno e da corporación. En consecuencia, o decreto asinado no seu día para cubrir o posto vacante por cambio de alcaldesa, quedou sen efecto.

A persoa que viña desempeñando o cargo de Xefa de Gabinete, que anteriormente fora concelleira, Tere Pérez, prestou os seus servizos tamén durante o goberno de coalición da pasada lexislatura, traballando por igual para os dous partidos -durante os dous anos nos que a actual alcaldesa gobernou na pasada lexislatura compartida con Verónica Tourón- nas mesmas condicións que agora o PSdeG-PSOE decide non apoiar.

A alcaldesa lamenta a decisión de non ratificar o decreto polo Pleno por cando esta persoa de confianza e que no orzamento aparece como Persoal eventual, denominado “auxiliar administrativo”, realizaba, entre outras, importantes funcións para o goberno e para a Corporación no seu conxunto, entre elas o apoio ao departamento de secretaría na xustificación e xestión de subvencións, tarefas que recaerán agora plenamente nun departamento xa de por si cunha gran carga de traballo.

Esta é a segunda vez que o equipo de goberno leva o posto do persoal de confianza ao Pleno. A primeira propondo unha actualización salarial en base ao IPC con respecto a proposta actual, e a segunda, este 21 de agosto,  atendendo a petición do PSdeG-PSOE de deixar a cantidade como estaba establecida en 2019, o que lamentablemente, non servíu para a ratificación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad