Redacción 01/06/2023

O portavoz socialista, David Alonso, logo de felicitar ao alcalde Alejandro Lorenzo pola súa victoria o mesmo domingo electoral, comeza a traballar dende a oposición para á veciñanza porriñesa

O PSdeG-PSOE do Porriño analizará os resultados electorais no seus órganos de decisión interna, que convocará nas vindeiras semanas tras o resultado acadado no pasado domingo electoral; onde @s porriñeses decidiron nas urnas, por mayoría absoluta, que sexa o PP quen goberne no Concello do Porriño nos vindeiros catro anos. David Alonso Bargiela, tras o reconto de votos, non dubidou en felicitar telefónicamente ao candidato do Partido Popular e alcalde, Alejandro Lorenzo, pola súa victoria electoral.

O secretario xeral dos socialistas do Porriño e candidato nestas pasadas eleccións, afirmou que a Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Porriño fará unha valoración interna tras os malos resultados colleitados. Reflexión que se fará nos órganos colexiados do partido, a comisión executiva local e a asamblea de militantes.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño quixo tamén agradecer a confianza de todas aquelas persoas que colaboraron na campaña electoral e que votaron ao partido socialista. “Ábrese unha nova lexislatura na que haberá dous concelleiros socialistas -David Alonso e Sthela Mª Táboas González- que tendemos a man dende o primeiro día ao goberno local, para chegar a acordos sobre os temas que afectan a O Porriño.”

Os socialistas afirman que “é pronto para facer unha análise profunda dun retroceso deste calado, pero temos claro que a abrupta saída do goberno local en decembro de 2021, o contexto nacional e decisións erróneas do pasado, non permitiron que o duro traballo realizado nestes útimos meses e o noso proxecto e novo equipo, se transmitisen correctamente aos cidadáns. Por todo elo, compre unha reflexión serena e autocrítica sobre o proxecto socialista no Porriño a través dun proceso de consulta interna, que faremos nos nosos órganos de decisión, a comisión executiva local e a asamblea de militantes.”

Alonso Bargiela, asumíu “tomamos nota da mensaxe dos cidadáns e analizaremos de xeito profundo as causas deste profundo retroceso electoral nos nosos órganos internos de decisión. Temos por diante unha nova lexislatura e o PSdeG-PSOE debe afrontala con dignidade e traballando polos problemas dos porriñeses. Queremos un PSOE útil para Porriño, e iso é o que imos facer; pero ao mesmo tempo, non deixaremos de velar polos intereses dos porriñeses”. Por outra banda, a que pasará a ocupar o posto da segunda concelleira socialista da nova lexislatura, Sthela Mª Táboas, afirmou “queda un longo camiño por diante, con moito que facer e suxerir para mellorar a calidade de vida dos porriñeses”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad