Poderemos escoitar o seu primeiro sinxelo “Un novo nome” a partires das 21.30 h no local ubicado na praza do Concello
O grupo ‘Exeria’ de música grunge/rock 90´s en galego formouse fai dous anos e o pasado 11 de marzo, lanzaba o o seu primero sinxelo, “Un novo nome”, acompañado dun videoclip dirixido polo artista multidisciplinar Wences Lamas.
Este sábado 3 de xuño poderemos escoitalos no local hostaleiro ‘Origen’, na praza porriñesa de Arquitecto Antonio Palacios ás 21.30 h, de volta da súa participación previa no concurso de bandas do Trece Roeis Fest, ás 19.30 h en Ferreira de Pantón.