Redacción 08/05/2023

As axudas ao sector primario chegarán a entidades de Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, A Estrada, Forcarei, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Pontevedra, Redondela, Rodeiro, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilagarcía e Vilanova

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou en rolda de prensa da adxudicacióndas axudas provinciais ao sector primario, dotadas de medio millón de euros para sufragar investimentos. As achegas están divididas en dúas liñas, unha primeira cun importe de 250.000 euros e que recibirán un total de 10 cooperativas agrogandeiras dos concellos da Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro e Meaño;e unha segunda, tamén dotada de 250.000 € e que irán parar a 20 colectivos do sector pesqueiro de Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova. Con eses recursos, sinalou Carmela Silva, “poderán ter instrumentos de dixitalización e tamén para modernizar todos aqueles elementos que lles permiten xestionar mellor as actividades que desenvolven”.

As axudas ás cooperativas agrogandeiras permiten financiar a adquisición de terreos para aumentar a base territorial das instalacións e axudas para investir en maquinaria agrícola, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e os seus accesos. E tamén a adquisición de equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades.

En canto ao reparto das axudas, en Lalín, Cobideza recibe 35.000 € para investimentos na queixería, Campodeza 33.787 € para un remolque forraxeiro, ou Aprodeza 32.5545 € para o cambio da cuberta da nave da cooperativa e a adquisición dunha trituradora, mesma cantidade que Gandeiros do Deza,para unha cisterna para xurros con capacidade de 16.000 litros. Xuncoga recibirá 29.833€para unha aplicación informática que unifique os seus sistemas de formulación, fabricación e xestión e Val do Deza 3.621 € para maquinaria, un compresor e unha vitrina frigorífica. En Rodeiro, a cooperativa O Rodo recibirá 29.833 € para unha rotoempacadora-encintadora, mesma cantidade que a Cooperativa Vitivinícola Arousa, en Meaño, para a mellora dos seus servizos. En Forcarei, Coafor recibirá 22.206€ para maquinaria agrícola, equipamento e domotización da estación de servizo e, finalmente, Mazá da Estrada Mestra (A Estrada) recibirá 791 € para a adquisición dun gancho pesador, un indicador e unha impresora inalámbrica.

As axudas ao sector pesqueiro permiten que os colectivos invistan en construcións, equipos, elementos de transporte e instalacións; e adquiran equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que lles prestan estas entidades ás persoas socias.

A Confraría da Anunciada de Baiona recibirá 30.000 € para a adquisición dun vehículo todoterreo, un casco de embarcación e outros, a Confraría de San Martiño de Bueu 30.000 € para a adquisición dun vehículo, rodas para un carro varadoiro, caixas e vaina para eslingas, e a Confraría de Santo Antonio de Cambados recibirá 16.962,58 € para a adquisición dun frigorífico, unha máquina de ozono para a lonxa e outras. En Cangas, a Confraría de San Xosé 15.440,62 € para instalacións de alarma de incendios, sistema de videovixilancia e adquisicións varias, e a Confraría de San Cipriano de Aldán-O Hío 2.124,17 € para a adquisición dun ordenador, pallets reutilizables e outros. A Confraría de San Martiño do Grove recibirá 30.000 € para a adquisición dunha furgoneta; a Confraría de San Xulián da Illa de Arousa 14.160,80 € para a adquisición de material de vixilancia e outros; a Confraría de Santa María do Porto de Marín 4.242,26 € para a adquisición de ordenadores, periféricos e mobiliario; a Confraría de San Martiño de Moaña recibirá 6.313,60 € para a adquisición de equipos informáticos, material de vixilanxia e comercialización ea Confraría de San Gregorio de Raxó, en Poio, recibirá 3.564,80 € para a adquisición dun ordenador e a instalación dun sistema de seguridade.

En Pontevedra, a Confraría de San Telmo recibirá 3.356 € para a adquisición dun remolque náutico e outros, e a Confraría de Santo Andrés de Lourizán recibirá 8.601,36 € para realizar melloras no edificio e adquisicións varias. A Confraría de San Xoán de Redondela recibirá 2.694,52 € para un punto de pesado e un remolque náutico, e a Confraría de San Roque de Portonovo, en Sanxenxo, recibirá 10.271,60 € para a adquisición de caixas reutilizables, pallets, eslingas e puntais. En Soutomaior, a Confraría da Virxe do Camiño recibirá 1.559,13 € para melloras na eficiencia da iluminación a adquisicións varias, mentres que a Federación Provincial de Confrarías recibirá 8.518,40 € para asesoramento e formación sobre a arte do marisqueo. A Confraría de San Francisco de Vigo recibirá 4.032,91 € para melloras na lonxa de Canido, na Mariña deportiva e nas oficinas de traballo; a Confraría Pedra da Oliveira de Vilaboa recibirá 13.893,09 € para a mellora dun autocargador de algas, caixas e sacos reutilizables; a Confraría da Virxe do Rosario de Vilaxoán, en Vilagarcía, recibirá 8.644,80 € para a instalación de portas e xanelas; por último, a Confraría da Pastoriza de Vilanova, recibirá 7.722,05 € para a adquisición de básculas e outros equipamentos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad