Redacción 13/04/2023

Expoñen que a organización desta festa é “propaganda electoral encuberta”

Desde Máis Porriño vimos de solicitar a Inspección de Traballo e Seguridad Social, que este fin de semana 14, 15 y 16 de abril, vele polo cumplimento dos dereitos das e dos traballadoras/es involucradas na festa FASHION WEEKEND organizada polo Concello do Porriño e a Xunta de Galicia.

Vimos de facer esta actuación porque entendemos que está apertura do comercio de 21 h a 24 h significa a posible ‘explotación laboral’ de traballadoras e traballadores que teran que asistir o seu posto de traballo probablemente que sin ser remunerados por dito traballo, ou de a contratación de man de obra sin cobertura legal. 

Por outra banda entendemos que organizan esta festa, por primeira vez na historia do Porriño, non é máis que unha utilización das institucions de todas e todos para facer propaganda electoral encuberta.

A pregunta é, de que partida saiu esta vez os cartos para pagar a Panorama e o DJ DGrace? Porque si xa se tivo que botar man no verán da partida de asuntos sociais para pagar festas, e que non quedaban cartos na partida de festas, por tanto, de donde saen agora os cartos?

En Máis Porriño estamos a favor de toda iniciativa que signifique potenciar a actividade do comercio local, pero dentro de un organigrama e unha previsión, e non así, ‘a salto de cama’, con improvisacion feita nun lugar non habilitado, e sen pasar por pleno.

Esta festa e unha ocurrencia electoralista do PP do Porriño que utiliza os cartos de todos os porriñeses para promover o seu candidato, o atual alcalde, sen un estudio de impacto social non económico da citada festa, e sin as debidas garantías de seguridade viaria, nen laboral.

Para promover o comercio local estaremos o lado de este, ou de outro/a alcalde/sa, pero dun xeito correcto, con orzamento, con previsión, nun lugar habilitado, nunha data, ou datas, adecuadas, e por suposto pasando por pleno municipal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad