Redacción 13/04/2023

Contará con 82 habitacións e construirase nunha parcela de máis de 25.000 m2

O Concello de Mos autoriza a obra para un Hotel B&B en Sanguiñeda, converténdose no primeiro hotel do municipio.

A empresa MeifusInbest S.L. é quen promociona a construción deste hotel de 82 habitacións máis zonas común e aparcadoiro, situado no Camiño do Tranvía s/n (detrás da discoteca Queen) na parroquia de Sanguiñeda.

A superficie da parcela, que na actualidade non conta con ningunha edificación, ascende a 25.161,80 m2 e en base ás dimensións e forma do solar, ao programa de necesidades e ao previsto na Normativa Urbanística, proxectouse a edificación que se formaliza cun volume único en forma de “prisma rectangular” dun corpo, con tipoloxía en “palafito” de forma que os espazos pechados en planta baixa sexan os mínimos imprescindibles.

A edificación consta de tres plantas, sendo a planta baixa por onde ten o seu acceso peonil, na que se sitúan por unha banda as zonas comúns de recepción, zona de estar e comedor e zonas de servizo de cociña-comedor para almorzos, maleteiro, almacén, etc… e doutra banda unha zona destinada a aparcadoiro de vehículos, estando esta zona aberta sen peches laterais. Existen locais destinados ás instalacións do edificio e cuartos de servizo do mesmo.

As plantas primeira e segunda son iguais, con zona de habitacións, con corredor central e habitacións a cada un dos lados, con 41 habitacións cada planta 3 de elas accesibles a persoas con mobilidade reducida e un núcleo de acceso con escaleiras e dous ascensores. Todas as habitacións contan con hall, baño completo e zona de dormitorio e, as adaptadas a persoas con mobilidade reducida, cumpren coas dimensións establecidas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad