Redacción 12/04/2023

O primeiro domingo de maio as rúas da vila salcedense convertiranse nunha gran pista de atletismo que segundo as súas categorías terá uns trazados de 2,5 km, 5 km ou 10 km   

O vindeiro 7 de maio  a carreira popular “Corre por Salceda”, fiel á súa cita celebrará a súa X edición consolidándose como un dos eventos máis importantes do calendario deportivo de Salceda de Caselas.

Esta proba que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, estará organizada pola concellería de Deportes e o persoal técnico das Escolas Deportivas Municipais xunto coa colaboración de numerosas persoas voluntarias, a Policía Local e a Agrupación Local de Protección Civil de Salceda de Caselas.

A carreira se desenvolverá polo trazado das rúas do casco urbán e por algunhas das sendas do concello, e constará das seguintes categorías:

  • Categoría absoluta (anos 2007 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10:30 h
  • Categoría A (anos 2008, 2009 e 2010) de 2,5 km ás 10:35 h
  • Resto de categorías (escolares e menores) con saída a partires das 12:00 h

A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable (ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares 2022/2023.

A entrega de premios realizarase na Praza do Concello a partir das 12:45 h.

As persoas participantes deberán inscribirse na páxina www.championchipnorte.com ata o próximo martes 3 de maio e poden obter toda a información necesaria na páxina do concello www.deportesalceda.galou dirixíndose a Concellería de Deportes ou ás Escolas Deportivas Municipais.

O concelleiro de Deportes, Rubén González Coto, amosouse moi ledo de que “esta proba acade á súa décima edición gozando de moi boa saúde, xa que cada ano acada máis participación de corredores e corredoras, tanto de Salceda coma de municipios da contorna”.

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, declarou que “dende o Concello queremos contribuír decisivamente a que, estas probas e eventos deportivos de Salceda, se consoliden e nos axuden a promover un estilo de  vida no que o deporte e a sáude sexan valores fundamentais para o benestar da nosa veciñanza”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad