Redacción 11/04/2023

Foron vendidas 1.000 copas e 500 botellas das dez adegas participantes e as actividades paralelas encheron o interior do edificio da praza da Inmaculada

Éxito do II Encontro de Viños da Raia realizado esta pasada fin de semana na Praza da Inmaculada coa participación de dez adegas. As cifras falan por si mesmas: mil copas vendidas e máis de 500 botellas degustadas nas casetas das adegas Corisca, de Tui; Do Vimbio, de Tomiño; Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço; María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote, Viticultor do Rosal.

O Concello de Tui volveu apostar por este evento, tras o éxito obtido na súa primeira edición en 2022, para pór en relevo o traballo que realizan as adegas e os viticultores das dúas marxes do río Miño.

Así, a concelleira de comercio do Concello de Tui, Ana Núñez, destacou a importancia deste evento para contribuír á visibilización e promoción daquelas persoas que máis se esforzan por conservar o noso patrimonio vitivinícola.

A pasada fin de semana, numerosas persoas de Tui e doutros municipios compartiron un viño e un petisco na praza da Inmaculada na primeira fin de semana das festas de San Telmo.  Amais, no interior do edificio da mesma praza, celebráronse distintas actividades paralelas que contaron cunha gran acollida por parte do público.

Así o sábado tivo lugar presentación dos viños da tudense Susana Esteban, considerada unha das mellores enólogas de Portugal, que abarrotou as instalacións para dar a coñecer o seu proxecto vitivinícola que tantos éxitos está a cultivar a nivel mundial. A continuación, presentouse o libro ‘A nación dos mil viños’ da man dos seus creadores, Martiño Santos, Xosé Gontá Sobrino e Toño Núñez Amigo-Rivadulla, que ofreceron unha interesantísima charla sobre etnografía, xeografía e viños.

Mentres o domingo pola mañá, Rafa Centeo, Estrella Michelín do restaurante Maruja Limón, foi o encargado de levar a cabo un showcooking no que o río Miño foi o protagonista. Sábalo, lamprea e anguía elaborados en tres propostas de vangarda non deixaron indiferente a ninguén.

E para terminar, non menos interesante foi a cata do sumiller Adrián Guerra, que fixo un percorrido polas distintas variedades de viño das dúas marxes da ‘raia’. Toda unha lección do bo facer dos pequenos viticultores e viticultoras que asistiron a esta segunda edición do Encontro de Viños da Raia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad