Redacción 10/04/2023

Os socialistas do Porriño afirman que a resposta ofrecida no Pleno de xaneiro pola concelleira responsable foron “un despropósito e un desprezo total á Ordenanza e ao colectivo dos vendedores ambulantes” que serían o preludio do que motiva unha denuncia rexistrada posteriormente nos Xulgados de O Porriño

O Concello do Porriño estreaba mercadillo, o primeiro domingo de febreiro día 5, anunciando a súa continuidade mensual en horario de 15.30 a 19.00 h en inverno, e de 15.30 a 21.00 h no verán.

O concelleiro socialista, David Alonso, no Pleno do 25 de xaneiro demandáballe información á concelleira de Prazas e Mercados, Antía Carrera, sobre o xeito no que se ía levar a cabo o mercadillo; que a edil xustificaba que “durante o Covid non houbo descontos respecto as taxas e quitáronse metros; unha forma de axudar é facendo unha feira os primeiros domingos de mes”.

Tal como manifestaba nese Pleno, ao día seguinte 26 de xaneiro, a concelleira de Prazas e Mercados, mantivo unha reunión polo novo mercadillo na que se acordou cos vendedores ambulantes a celebración da nova feira, dando de prazo aos interesad@s -con licenza municipal- para a súa solicitude de participación ate o venres 3 de febreiro ás 14.00 h, para facer o sorteo de colocación de postos dúas horas despois.

A Ordenanza Reguladora da Venta Ambulante do Porriño “é clara” e establece nos seus artigos 13 e 14 que “os mercados celebraranse os martes e sábados de cada mes, salvo que sexa festivo, polo que si se dera ese caso, procederíanse a realizar o día anterior” e “o horario establecido comprende dende as 08.00 ás 14.00 h”. Deste xeito, este decreto firmado pola concelleira de Mercados, podería estar incurrindo nun delito de Prevaricación puntualiza David Alonso engadindo que “dende o Concello hay que ofrecer seguridade xurídica, en lugar de ofrecerles a tranquilidade precisa para dar nestes intres tan convulsos de inseguridade económica”.

Por outra banda, no Pleno de xaneiro, respecto do cobro de taxas para esta nova feira dominical, Antía Carrera manifestou “non se vai cobrar a maiores, porque non se lles fixo ningún tipo de bonificación”, en referencia ao peche dos mercados por mor da pandemia. O que contempla a Ordenanza Reguladora da Venta Ambulante do Porriño no artigo 25, é que as licenzas “entregaranse tras xustificar o ingreso nas arcas municipais” da taxa correspondente a
ocupación da vía pública. O voceiro socialista matiza que “as prisas nunca foron boas, pois o PSdeG-PSOE xa comezara a estudiar o xeito de compensar aos vendedores ambulantes, a través dun expediente de reintegro de cantidades indebidamente cobradas; ao reducirse os metros lineais dos postos, polas medidas da Covid, e cobrar a tasa íntegra o Concello”.

“Novamente a concelleira actuou de xeito irresponsable ao tomar decisións ao marxe do regulamento”, recrimínalle David Alonso, que remata subliñando este asunto como “un despropósito e un desprezo total á Ordenanza e ao colectivo dos vendedores ambulantes”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad