Sabela Landín 01/04/2023

Na campaña do ano 2022, en Galicia 750.867 persoas marcaron a X Solidaria,  6.785 persoas máis que no ano anterior, recadándose un total de 21.391.293€.

Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.767€ máis dos recadados.

Durante este ano, as organizacións de acción social levaron a cabo 607 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 182.904 persoas.

Baixo a etiqueta #ChámalleX, as ONG galegas lanzan campaña nas redes sociais con vídeos e fotos de persoas beneficiarias de programas financiados coa X Solidaria.

Coincidindo co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas do sector social representadas por EAPN Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e Cermi Galicia (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) piden a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecido como X Solidaria.

As ONG prestan servizos esenciais na loita contra a exclusión social e a pobreza, traballan en primeira liña contra os efectos provocados tras tres anos de pandemia, a crise enerxética, a inflación e a guerra de Ucraína. O financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF é necesario e fundamental para que moitas ONG galegas poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas, veciñas e veciños cos que convivimos.

Xa foron moitas as persoas que na campaña anterior colaboraron marcando a X Solidaria en Galicia: 750.867 persoas, o que supón o 54,5% do total das contribuíntes. Comparado co ano anterior, foron 6.785 persoas máis as que marcaron o recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, o recadro 106.

Con este xesto recadáronse 21.391.293€, unha cantidade de 28,49€ por persoa, permitindo recadar a cantidade de 1.755.980€ máis que na campaña anterior. Todos estes fondos recibidos, recaeron en 140 organizacións galegas de acción social que puideron levar a cabo máis de 607 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 182.904 persoas maiores, con discapacidade, enfermas de cancro, mulleres vítimas de violencia machista, xente moza, a infancia,…

A través da X Solidaria desenvolvéronse programas de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna sociofamiliar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Dende as entidades sociais temos o punto de mira nas 627.161 persoas contribuíntes que seguen sen marcar o X Solidario. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.707€ máis dos recadados.

Neste recadro, pódese ver o recadado por cada oficina:

Declaracións 2022. Ingresos 2021 por delegaciónsNúm. Declarant. Ambas casillasDiferencia sobre ano anteriorAsignación Tributaria Ambas casillasDiferencia sobre ano anteriorNúm. Declarant. PotencialesAsignación Tributaria PotencialTotal se 100% contribuintes marcaran X
A CORUÑA315.6702.87610.007.042750.967272.8926.714.45416.721.496
No 2022, 315.670 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 2.876 mais que no ano anterior. Recadáronse 10.007.042€, 750.967 € mais que no 2021. Se os 272.892 contribuíntes da provincia da Coruña que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados no 2022 6.714.454€ mais. Un total de 16.721.496€
LUGO90.9674472.194.889187.22476.4351.356.5563.551.446
No 2022, 90.967 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 447 mais que no ano anterior. Recadáronse 2.194.889 €, 187.224 € mais que no 2021. Se os e as 76.435 lucenses contribuíntes que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados no 2022 1.356.556€ mais. Un total de 3.551.446€
OURENSE85.2076631.989.053185.31766.5831.184.0743.173.127
No 2022, 85.207 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 663 mais que no ano anterior. Recadáronse 1.989.053€, 185.317€ mais que no 2021. Se os 66.583 ourensáns e ourensás contribuíntes que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados no 2022 1.184.074€ mais. Un total de 3.173.127€
PONTEVEDRA147.2401.9073.483.308354.861129.5052.293.2415.776.548
No 2022, 147.240 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 1.907 mais que no ano anterior. Recadáronse 3.483.308€, 354.861 € mais que no 2021. Se os 129.505 pontevedreses e pontevedresas contribuíntes que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados no 2022 2.293.241€ mais. Un total de 5.776.548€
VIGO111.7838923.717.001277.61181.7462.087.4425.804.443
No 2022, 111.783 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 892 mais que no ano anterior. Recadáronse 3.717.001€, 277.611€ mais que no 2021.Se os 81.746 vigueses e viguesas que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados no 2022 2.087.442€ mais. Un total de 5.804.443
GALICIA750.8676.78521.391.2931.755.980627.16113.635.76735.027.060
En 2022, 750.867 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria, 6.785 máis que no ano anterior. Recadáronse 21.391.293€, 1.755.980€ máis que no ano 2021. Se os 627.161 galegas e galegos que non o fixeron marcaran a X Solidaria, teríanse recadados en 2022 13.635.767€ máis, podendo colaborar coas entidades sociais galegas co total de 35.027.060€.

A nivel estatal, a campaña da renda recadou no Estado 425 millóns de euros procedentes do 53% de persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese social da X Solidaria na declaración da renda. Se todas as persoas marcan o recadro 106, poderían recadarse 704 millóns de euros que irían destinados a axudar a quen máis o precisa.

Segundo expresou na presentación da campaña, Xosé Cuns, director de EAPN Galicia “Marcando o cadro de fins sociais loitamos para cambiar a situación de milleiros de persoas. Non debemos esquecer que son máis de13 millóns as persoas que viven en risco de pobreza a nivel estatal, 678.000 en Galicia, das que 237.769 destas viven en pobreza severa”.

Mónica Viqueira, a vicepresidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia destacou que  “Decidir o que queremos que se faga cos nosos impostos é un dereito que non todo o mundo pon en práctica. O noso obxectivo é que a xente marque o recadro e decida”

Finalmente, o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández resaltou que “se marcamos o X Solidario non nos vai custar nada. Nin pagamos máis, nin nos van devolver menos. Ademais, non resta senón que suma: se xa marcas a casiña da Igrexa, podes tamén marcar a de ‘Actividades de Interese Social e así axudas o dobre”.

Chámalle X

O Terceiro Sector galego presentou na Praza da Quintana a campaña da X Solidaria cun X grande de tea sostido por persoas representantes de diferentes entidades sociais. Neste ano queremos tamén encher as redes sociais cos cancelos #ChámalleX e #LlámaloXSolidaria para sensibilizar a todas as persoas contribuíntes sobre a importancia que supón que uns impostos nos que poden decidir a quen queren dirixir, escollan ás entidades sociais.

Marcando a X Solidaria, o recadro 106 de Fins Sociais, nin se paga máis nin se recibe menos cartos no caso de devolución e contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Máis información: 

www.xsolidaria.org

EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110

Marcar a X Solidaria non custa nada.

  • Nin pagas máis, nin che devolverán menos.
  • Se xa se marca a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.

Decidir e elixir que queres que se faga cos teus cartos é un dereito que non todo o mundo pon en práctica. O noso obxectivo é que a xente marque o recadro e decida.

Porque ao facer isto NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións. Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad