Sthela Táboas 16/03/2023

Este distintivo recibido na Gala de Turismo provincial engloba servizos que contribúen a unha mellor experiencia turística en destino e súmase aos outros once xa galardoados na cidade

A Oficina Municipal de Turismo de Tui distinguida co ‘Compromiso de calidade turística’ que permite que este servizo forme parte do SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino. Este servizo municipal recibiu o galardón na última Gala do Turismo da provincia de Pontevedra celebrada pola Deputación no Auditorio Mar de Vigo o pasado venres.

A concesión desta distinción recoñece a xestión integral e permanente desta Oficina Municipal de Turismo enfocada na mellora e na posta en valor dos seus recursos e manuais de boas prácticas. Agora esta acreditación SICTED garante que o traballo que se leva a cabo neste servizo municipal responde aos parámetros de calidade que promove a Secretaría de Estado de Turismo.

Amais da Oficina Municipal de Turismo, o pasado venres tamén recibiron o distintivo SICTED diferentes establecementos e servizos tudenses. En concreto foron A Fada do Aloia, Casa das Trabancas, Segmento Divertido Tren Turístico, Balneario de Caldelas e Porta da Pía Artesanía. Todos estes engádense ao Hotel do Balneario de Caldelas, Casa Rectoral Areas, Hotel Alfonso I, Ideas Peregrinas, Parador de Tui e Tui Taxi Carlos Rico para sumar un total de 12 distintivos SICTED no concello de Tui.

Acudíu a recoller a distinción en representación do Concello de Tui, Ana María Núñez, concelleira de Emprego e Comercio, que quixo valorar o esforzo e compromiso de todos estes servizos para mellorar a calidade turística na cidade. Tamén engadiu que estes distintivos SICTED poñen en valor o territorio e a orixe. SICTED é unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo para promover destinos turísticos máis competitivos e sostibles, mediante unha oferta de produtos e servizos de calidade que satisfagan aos e ás turistas. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad