Sthela Táboas 07/03/2023

As experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente centrarán a xornada que terá lugar no Teatro Municipal de Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 11 de marzo, a segunda xornada do I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença centrada nas experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente.

Antonio Sampaio da Nóvoa, experto mundial de Historia da Educación, reitor de honra e profesor da Universidade de Lisboa, será o encargado de abrir a xornada coa ponencia “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente”. Será presentado polo decano da Facultade de Educación de Ourense, Xosé Manuel Cid Fernández. O tema que abordará  dende ás 10.30 h ES será “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente”.

Ás 11.15 h ES o CEIP nº1 e  o IES San Paio presentarán o panel de experiencias competenciais que desenvolven nestes centros educativos tudenses. E a continuación, ás 12.00 h ES, será a quenda da AE de Monçao, Muralhas do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha, para expor as experiencias competenciais que desenvolven nestes centros portugueses do Alto Minho.

A xornada matinal pecharase abordando a “Avaliación competencial e perfil de saída. Ferramentas dixitais por escolas”, contando coa intervención de Eusebio Machado por parte de Portugal, e de Javier Cortés e José Antonio Gómez, especialistas en avaliación e plataformas dixitais.  Moderará Daniela Ferreira dos equipos de investigación da Universidade de Porto.

A actividade retomarase ás 16.30  h  con “Sustentabilidade, inclusión e D.U.A no cambio educativo escola-familia-comunidade. Situacións para a aprendizaxe inclusiva” coa participación de Antonio Bolívar, catedrático de Didáctica da Universidade de Granada, FlorencioLuengo, coordinador xeral do Proxecto Atlántida, LuísaUcha, do gabinete do Ministerio de Educación de Portugal, e Juan de Dios Fernández de Atarfe de Granada.

Neste congreso abordarase tamén o perfil profesional docente. Será o sábado ás 17.45 h ES da man de LuizaCorteao, da Universidade de Porto, e de CarmenPellicer da Fundación Trilema, nunha intervención que será moderada por Teresa Domínguez, asesora e coordinadora Atlántida en Galicia.

A clausura e presentación das conclusións deste congreso está prevista para as 18.45 h co título “Cara a unha alianza reforzada: consello de sustentabilidade e patrimonio”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad