As experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente centrarán a xornada que terá lugar no Teatro Municipal de Tui
O Teatro Municipal de Tui acollerá este sábado, 11 de marzo, a segunda xornada do I Congreso Internacional de Educación Tui-Valença centrada nas experiencias, a avaliación competencial e a reconstrución da profesión docente.
Antonio Sampaio da Nóvoa, experto mundial de Historia da Educación, reitor de honra e profesor da Universidade de Lisboa, será o encargado de abrir a xornada coa ponencia “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente”. Será presentado polo decano da Facultade de Educación de Ourense, Xosé Manuel Cid Fernández. O tema que abordará dende ás 10.30 h ES será “Desafíos na formación e reconstrución da profesión docente”.
Ás 11.15 h ES o CEIP nº1 e o IES San Paio presentarán o panel de experiencias competenciais que desenvolven nestes centros educativos tudenses. E a continuación, ás 12.00 h ES, será a quenda da AE de Monçao, Muralhas do Minho, Vila Nova de Cerveira e Caminha, para expor as experiencias competenciais que desenvolven nestes centros portugueses do Alto Minho.
A xornada matinal pecharase abordando a “Avaliación competencial e perfil de saída. Ferramentas dixitais por escolas”, contando coa intervención de Eusebio Machado por parte de Portugal, e de Javier Cortés e José Antonio Gómez, especialistas en avaliación e plataformas dixitais. Moderará Daniela Ferreira dos equipos de investigación da Universidade de Porto.
A actividade retomarase ás 16.30 h con “Sustentabilidade, inclusión e D.U.A no cambio educativo escola-familia-comunidade. Situacións para a aprendizaxe inclusiva” coa participación de Antonio Bolívar, catedrático de Didáctica da Universidade de Granada, FlorencioLuengo, coordinador xeral do Proxecto Atlántida, LuísaUcha, do gabinete do Ministerio de Educación de Portugal, e Juan de Dios Fernández de Atarfe de Granada.
Neste congreso abordarase tamén o perfil profesional docente. Será o sábado ás 17.45 h ES da man de LuizaCorteao, da Universidade de Porto, e de CarmenPellicer da Fundación Trilema, nunha intervención que será moderada por Teresa Domínguez, asesora e coordinadora Atlántida en Galicia.
A clausura e presentación das conclusións deste congreso está prevista para as 18.45 h co título “Cara a unha alianza reforzada: consello de sustentabilidade e patrimonio”.