Sthela Táboas 24/02/2023

Este sábado terá lugar en San Benito o acto de presentación de Pedro Pereira como candidato á alcaldía do Porriño

A agrupación porriñesa do BNG celebra un acto público de presentación de Pedro Pereira como candidato á alcaldía para as vindeiras eleccións municipais.

Pedro Pereira ten 54 anos e conta coa titulación de Técnico en Electrónica e Telecomunicacións; o actual concelleiro porriñés da oposición encabeza as listas do BNG do Porriño dende o ano 2015.

Este sábado 25 de febreiro, ás 12:00 h en San Bieito, coñeceremos máis das súas pretensións municipais de cara ás vindeiras eleccións de maio; no caso de que o tempo non acompañe pola choiva, trasladaríase ao Bar Liceum.

Na presentación intervirán o membro do Consello local do BNG, César Lourido; o candidato á alcaldía, Pedro Pereira; e a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, “xunto a ela arrancamos con forza o camiño para liderar un goberno de esquerda nas locais 2023”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad