Sthela Táboas 24/02/2023

O contacto coa linguaxe musical non ten idade e deste xeito queren achegalo ás persoas que non tiveron a oportunidade na súa etapa infantil ou xuvenil

A Escola da Banda de Música Popular de Tui abre a inscrición para os cursos de balde de linguaxe musical para adultos, con grupos para distintos niveis.

Estas clases se impartiran para persoas que empecen dende cero, ou que teñan algún coñecemento sobre a música. O horario será tanto de maña como de tarde, para favorecer a conciliación familiar e laboral dos participantes, e impartirase nas propias instalacións que ten a escola en A Gándara 30, Guillarei.

Toda a información a maiores e a solicitude de inscrición pódese facer a través do correo electrónico escola.bmptui@gmail.com, nas redes socias da escola, ou ven contactando vía telefónica 886 29 28 51 ou vía WhatsApp.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad