Sthela Táboas 23/02/2023

As filloas poderán degustarse en 9 establecementos hostaleiros de Salceda e votar polas mellores elaboracións doce e salgada participando ademáis no sorteo dun agasallo

O concello de Salceda de Caselas en colaboración con ACISA, poñen en marcha a segunda edición do concurso de filloas “Saborea o Entroido”, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de febreiro na hostalería local, dentro do Programa de Dinamización Comercial #ConSalceda.

Os establecementos participarán no concurso a través das dúas categorías existentes, filloa doce e filloa salgada, coma na anterior edición. As filloas poderán degustarse en O Recuncho, A Tixola Salceda, La Marujita, La Vinoteca Salceda, Asador O Fogar da Rosa, La Jala, A Calustra, Bodeguilla Z9 e  Café Arruda.

Ademais dos premios á hostalería, as persoas que gocen das filloas e voten á mellor salgada e a mellor doce nestes tres días, participarán no sorteo dun agasallo que se decidirá no momento da entrega dos distintivos aos establecementos gañadores.

O horario no que cada establecemento participante servirá a súa filloa estará exposto no propio local, no comercio local e nas redes sociais e páxina web do Concello.

A alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón, convidou “a achegarse a Salceda e participar nesta ruta gastronómica, na que a nosa hostalería local nos ofrecerá distintas opcións de preparación deste manxar, que porá sabor ao peche do Entroido salcedense”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad