Sabela Landín 16/02/2023

COGAMI lanza nova reivindicación na campaña de sensibilización #SomosCOGAMI para visibilizar as necesidades que presentan as persoas que forman parte do grupo social das persoas con discapacidade.

A participación das persoas con discapacidade na sociedade é clave e, para que se produza, teñen que dispoñer de autonomía persoal. Ser unha persoa autónoma facilita vivir unha vida máis independente, con maior liberdade na toma de decisións e na condución do  propio proxecto de vida. A autonomía xera maior autoestima, maior capacidade de comunicación e maior inclusión social, á vez que aceptación. Para poder acadala, é necesario contar con apoio e acompañamento na propia contorna e dispoñer de acceso aos recursos necesarios.

A propia Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e mesmo a Lei 39/2006 sobre a Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, recoñecen como valores inherentes ás persoas a autonomía e a independencia. Pero esta autonomía non sempre é posible dentro do grupo social das persoas con discapacidade. En palabras de Juani Tubío, a coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, “séguese avanzando moi pouquiño a pouco. É necesario deseñar os recursos poñendo o foco na atención integral centrada na persoa a nivel comunitario, para que poida vivir onde decida a propia persoa cos apoios que precisa. Hai que adaptar o sistema ás necesidades das persoas e non que as persoas se adapten ao sistema” 

Co fin de colaborar na promoción desta autonomía e independencia e fomentar a participación en igualdade de oportunidades, a área de Promoción da Autonomía Persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade conta cun equipo de profesionais presentes en toda a Comunidade, con maior incidencia no rural. Baixo unha metodoloxía de atención integral centrada na persoa, este equipo formado por traballadoras sociais, ofrece información, asesoramento, orientación, acompañamento e apoio tanto ás persoas con discapacidade como ás súas familias.

Durante o ano 2022, esta área realizou 5.000 actuacións, dende visitas domiciliarias ata acompañamentos na tramitación de xestións da Administración, entrevistas e seguimentos da persoa. Destas, máis de 400 foron intervencións encamiñadas a fomentar o empoderamento, a promoción da autonomía e independencia, nas que resultaron beneficiarias 210 persoas do ámbito rural, 220 mulleres participaron en programas para diminuír a discriminación e prexuízos que as privan de exercer os seus dereitos, e 7 menores recibiron atención a través de intervencións dirixidas á integración educativa obrigatoria.

“Cabe destacar que hai factores moi importantes de especial risco de exclusión a ter en conta, como vivir no rural, ser muller, ter unha discapacidade, baixa cualificación ou carecer de transporte adaptado, dando lugar a situacións moi complexas de vulnerabilidade. Dende COGAMI desenvolvemos programas específicos para intentar paliar estas situacións”, explica Juani Tubío.

Para lograr a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade, dende a área que coordina Juani Tubío realizan accións prelaborais a través de itinerarios personalizados orientados a persoas en idade laboral, para impulsar a motivación persoal, o empoderamento, mellorar as habilidades sociais ademais de dinamizar, informar e formar en  alfabetización dixital.

Todos estes programas que desenvolve a área de Promoción da Autonomía Persoal contaron coa financiación da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, coñecido como X Solidaria, e da Secretaría Xeral de Igualdade, ademais das deputacións provinciais e concellos, entre outras.

CAMPAÑA #SOMOSCOGAMI

Dende COGAMI queremos dar visibilidade durante todo este ano 2023 a unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias. Queremos facer unha chamada á acción para visibilizar un grupo social que representa o 9% do total da poboación.

No mes de febreiro reivindicamos a autonomía persoal a través do lema Somos Participación, para visibilizar a importancia da autonomía das persoas de cara a unha vida máis independente, como se pode ver a través desta peza audiovisual no enlace https://youtu.be/ytewACmzrX8

O resto dos meses, recollerán estas outras reivindicacións:

Marzo. SOMOS NENAS E MULLERES: Apoiamos ás nenas e mulleres con discapacidade.

Abril. SOMOS SAÚDE: Impulsamos a correcta intervención sociosanitaria.

Maio. SOMOS FORMACIÓN: Impartimos cursos orientados ao emprego.

Xuño. SOMOS EMPREGO: Xeramos oportunidades laborais.

Xullo. SOMOS LECER: Fomentamos actividades inclusivas.

Agosto. SOMOS PRESENTE, SOMOS FUTURO: Atendemos ás necesidades da infancia e a xuventude.

Setembro. SOMOS ACCESIBILIDADE: Deseñamos contornas espazos para todas as persoas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad