Sabela Landín 16/02/2023

O alcalde Enrique Cabaleiro presenta en Vic a Axenda Urbana de Tui 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentou en Cataluña a Axenda Urbana de Tui. Fíxoo no marco do “IndoDay” organizado polo Punto Nacional URBACT, xunto co Concello de Vic e a Deputació de Barcelona. Neste encontro, destinado a explicar detalles da convocatoria dos fondos e axudar á creación de redes e paternariados, o alcalde explicou ás autoridades e técnicos/as a estratexia do Concello tudense. En paralelo mantivo encontros con diversos subdirectores xerais do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, entre eles Sonia Hernández, responsable de Políticas Urbanas.

Neste programa de apoio ao desenvolvemento urbano sostible “representantes políticos e técnicos de distintas cidades europeas e españolas coñeceron a nosa estratexia de crecemento”, segundo explica Enrique Cabaleiro e “con elas e eles compartimos as nosas experiencias, inquedanzas e retos a superar na procura de cidades socias coas que materializar os grandes cambios centrados nunha transición verde, a igualdade de xénero e a transformación dixital”.

URBACT é un programa europeo de aprendizaxe e intercambio que promove o desenvolvemento urbano sostible, capacitando ás cidades para desenvolver en colaboración solucións fronte aos maiores desafíos urbanos, e reafirmando o papel clave que xogan ante cambios sociais de complexidade crecente.

Tui estableceu relacións con cidades de Bélxica, Francia, Grecia, Irlanda, Polonia, Portugal e República Checa, ademais das múltiples urbes españolas que participaron no encontro para coñecer experiencias e casos de éxito, para reforzar as capacidades na elaboración de políticas participativas e establecer alianzas con territorios que compartan necesidades similares e desexen traballar para unha vila e un futuro máis sustentable e igual.

A xornada serviu para manter encontros co subdirector xeral de Política do Solo do MITMA, Miguel Baiget, arredor das políticas de vivenda e as posibilidades de desenvolver vivenda pública no Concello. Asemade tamén mantivo encontros coa subdirectora de mobilidade, Paloma Alonso, para explicarlle as actuacións programadas en Tui, e a subdirectora de edificación, María Fernández, para avaliar o desenvolvemento da convocatoria de fondos PIREP.

Neste mesmo acto foi presentada a programación de financiamento europeo para o seguinte período no que, por primeira vez, Tui vai poder optar de xeito directo a fondos FEDER para poder desenvolver a súa Axenda Urbana.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad