Sthela Táboas 13/02/2023

Boiro viviu o sábado na Casa da Cultura unha noite cargada de admiración, éxitos deportivos e humor na que estivo presente O Porriño co galardón a Horacio Barros

Pasado, presente e futuro confluíron este sábado en Boiro na Gala Ciclismo Galego, que recoñeceu a traxectoria de figuras históricas do deporte da bicicleta na nosa comunidade e os resultados acadados polos mellores corredores autonómicos durante a última campaña. Na Casa da Cultura ‘Ramón Martínez López’ viviuse unha noite cargada de emoción, éxitos deportivos e humor.

O presentador de televisión Terio Carrera e o actor Pepo Suevos amenizaron a festa organizada pola Federación Ciclismo Galego (FCG), unha cita anual que nesta ocasión quixo homenaxear a quince directivos incombustibles dos clubs autonómicos.O elenco de ‘Os Imprescindibles do Ciclismo Galego’, distinguidos por unha vida dedicada a súa paixón deportiva, estivo formada polo local Ricardo Riveiro (Club Ciclista Barbanza), Luís López (Milagrosa), Fernando Domato (Ría de Vigo), José Roberto Rey (Traviesas), Juan Manuel MartínezRey (Ferrol), José María Fernández Seijas (Cidade de Lugo), José García Varela (Betanzos), Manuel Tallón (Teo), Estanislao Vázquez (Padrón), Carlos Moure (Ourense), Cesáreo Borrajo (Maceda), José Antonio Ramos (Teis), José Carlos Vidal (Vigo), Gerardo Álvarez (O Rosal) e como non, o porriñés Horacio Barros, do club ciclista Spol.

Do mesmo xeito, a emoción marcou o momento dos galardóns In Memoriam aos familiares dos falecidos JoséLuis Neira -presidente do Club Ciclista Compostelano-, Benito Carvallal -piloto de Moto Volta Galicia- e o empresario Magín Froiz. O resto de Mencións Especiais recaeron no excorredor profesional de estrada, Alejandro Marque; no árbitro, ArturoRoig Pereira; na empresa Aluminios Cortizo, polo seu apoio ao ciclismo; no Concello de Boiro, pola súa aposta pola mobilidade sostible; en tres clubs que celebran as súas vodas de prata, Meira, Rías Baixas e Valdeorras Bike; e nos dous equipos galegos que o ano pasado acabaron entre os tres primeiros do ranking español Elite de estrada: o Padronés Cortizo como gañador e o Vigo-Rías Baixas como terceiro clasificado.

Premios da tempada

A Gala superou a cifra dos 200 premios ao tamén ter desfilado polo escenario as triunfadoras e triunfadores da pasada campaña. A FCG coroou aos gañadores dos seus rankings de Estrada, Ciclocrós e das especialidades de BTT, así como aos tres primeiros clasificados en cada unha das categorías da Copa Galicia de Cross Country Maratón 2022, un certame no que quedaran pendente a entrega de trofeos ao terse suspendido a última proba.

A nómina de distincións deportivas completouse co recoñecemento aos artífices dos 75 postos de podio acadados polo ciclismo autonómico nos Campionatos e Copas de España. As intervencións entre as autoridades corresponderon ao alcalde de Boiro, José Ramón Romero; á deputada provincial de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán; ao delegado de Deportes da Xunta de Galicia pola provincia da Coruña, Roberto García; e ao presidente da FCG, Juan Carlos Muñiz.

Xunto a eles estiveron seguindo a Gala a concelleira de Deportes de Boiro, Dores Torrado; e o tenente coronel da Garda Civil de Tráfico, Antonio Hidalgo. Ao remate do acto todos os asistentes ao evento realizaron unha foto de familia, unha imaxe co pasado, presente e o futuro do ciclismo galego.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad