Sthela Táboas 02/02/2023

A artista tudense recolle nas súas páxinas máis de 20 debuxos en plumiña e acuarela que se presentará  este venres ás 19:00 h no Edificio Francisco Sánchez

Este venres 3 de febreiro, ás 19.00 h o Edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación do libro ‘Historias en pedra, Tui e as súas parroquias’ da artista tudense Rosa María Vila.

Rosa Mª Vila recolle nas páxinas do libro máis de 20 debuxos realizados coas técnicas de plumiña, dos seus inicios, e da acuarela. Tras 25 anos de traballo, a idea de plasmar nunha publicación rúas, paisaxes e igrexas de Tui e das parroquias, xurdiu en plena pandemia.

Os debuxos están acompañados neste libro por textos nun ton poético, escritos pola propia artista, do que para ela é Tui e o que significa. Ademais, recupera tamén composicións de escritores e pensadores como Manuel Rivas, Unamuno ou Bispo Lago.

Rosa Mª Vila conta cunha longa traxectoria artística dende a súa primeira exposición pictórica na cidade no ano 1998, á que teñen seguido numerosas mostras tanto en Tui coma noutros concellos galegos e portugueses.

O pasado mes de setembro presentou amais, na Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, a mostra “Abrimos portas?”, na que recolleu 25 portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença.

Agora neste libro, que será presentado o venres, recolle unha pequena parte da súa escolma pictórica sobre a súa cidade que o público poderá gozar dende as páxinas desta publicación que está xa á venda nas librarías tudenses.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad