Sthela Táboas 02/02/2023

Esta parcelación trátase do trámite previo á cesión da mesma ao IGVS, que dará luz verde ao proxecto

O Pleno Ordinario do mes de xaneiro do Concello de Mos aprobou por unanimidade a regularización da parcela municipal en San Eleuterio, para a súa posterior cesión ao IGVS, que permita o inicio da redacción do proxecto de Vivenda Protexida na mesma.

Deste xeito faise efectiva a rectificación do inventario de bens municipais para a incorporación de parcela 2.000 m2 segregada en San Eleuterio, camiño do Covelo s/n Pedraucha na parroquia de Tameiga, na que se construirán as primeiras Vivendas Protexidas en San Eleuterio.

Esta parcela de 2.000 m2 forma parte dun terreo de 6.000 m2, de titularidade e propiedade municipal na súa integridade. É por elo que cómpre parcelar a parte que se lle vai a ceder ao IGVS.

A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida, que se abriu o pasado 1 de xuño para a inscrición dos interesados neste tipo de vivenda en Mos, e que durante a primeira semana recollía 60 solicitudes, constaba a finais de ano de preto de 400 persoas inscritas.

A listaxe municipal de demandantes de Vivenda Protexida continúa activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramita as solicitudes no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes, xa que para acceder a unha vivenda protexida é imprescindible estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

O Plan de Vivenda Protexida en Mos concreta San Eleuterio como a zona na que desenvolver de xeitomáis inminente o Parque de Vivenda Protexida no municipio. Para eloprevese actuar de xeito inmediato nun solar de 2.000 m2 de propiedade municipal, que se lle cede á Xunta de Galicia a tal fin; e no que se levaráa cabo o remateda FASE 2 de San Eleuterio.

Neste solar construiranse as primeiras vivendas, unha vez sexa efectiva a posta a disposición da parcela á administración autonómica por parte do Concello de Mos. A Xunta, unha vez que dispoña da parcela, encargará a redacción do proxecto de construción.

Este Plan de Vivenda Protexida en Mos verase complementado polo proxecto de remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, coa que se transformará totalmente esta zona e que será financiada pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Polo tanto o plan de actuación abarca un total de 25.000 m2 entre as actuacións de Vivenda Protexida en San Eleuterio e a remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.

Aínda que a zona de actuación máis inminente para establecer o novo Parque de Vivenda Protexida en Mos é San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, Concello e Xunta informan de que seguirán a traballar e explorar outras zonas de cara ao futuro, tendo en conta o crecemento poboacional e a demanda existente na localidade mosense. Este Plan de Vivenda Protexida en Mos supón unha gran oportunidade residencial no municipio.O desenvolvemento de solo residencial no municipio é una das prioridades e apostas fortes do goberno local e da súa alcaldesa, Nidia Arévalo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad