Sthela Táboas 25/01/2023

Tamén redactará os proxectos de saneamento en novas zonas nas parroquias, tramos de Loureiro-O Maior en Picoña, Ponte do Ameal-Presa en Parderrubias, Outeiro en San Xurxo e en Santa María de Salceda

O Consorcio de Augas do Louro ven de aprobar a inversión do remanente, arredor de 1,9 M€, para obras e outras actuacións de saneamento e abastecemento.

O remanente líquido de tesourería para gastos xerais co que conta o Consorcio distribuirase, como asi o veñen de decidir as alcaldesas e alcaldes dos catro concellos integrantes,  en función da participación de cada un deles nos ingresos que realizan á entidade.

Salceda de Caselas investirá parte dos fondos na execución da rede de saneamento de Ataude  na parroquia de Picoña. Esta actuación que xa presentou a alcaldesa e foi aprobada polo pleno da corporación municipal, no pasado mes de decembro, constará de tres tramos de rede de saneamento cunha lonxitude total de 491´10 m que permitirá dotar de saneamento a 18 vivendas da zona, salvando unha gran diferencia de cotas e pendentes do terreo.

Igualmente se financiará a redacción de proxectos de mellora de rede de saneamento  para os tramos de Loureiro-O Maior en Picoña, Ponte do Ameal-Presa en Parderrubias, Outeiro en San Xurxo e en Santa María de Salceda. Proxectos que facilitarán unha execución máis directa e inmediata desas melloras, xa que a redacción e división por tramos permitirá ao concello optar con máis facilidade a novas vías de financiamento para acometer ditas actuacións.

Rubén Gonzalez Coto, concelleiro de Medio Ambiente: “Estas actuacións permitirán dotar do servizo de saneamento á  unha importante cantidade de vivendas da zona de Ataude e planificar de forma axil e eficaz a execución de novos tramos de saneamento noutras parroquias”.

A alcaldesa Verónica Tourón, explicou que “esta aprobación de crédito que decidimos os catro concellos supón unha moi boa nova para Salceda. Necesitamos ir avanzando  no obxectivo de aumentar a rede de saneamento do noso concello e ir abrindo todas as vías de financiamento posibles, e esta é unha delas que supón un importante avance para a nosa vila”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad