Sthela Táboas 25/01/2023

As filtracións do último piso do inmoble afecta a pasillos e 3 dos 20 viveiros existentes, agravadas polas intensas choivas, que serán reparadas cun investimento de 22.286 €

O Concello do Porriño vén de tramitar por emerxencia as obras de reparación da cuberta do Multiusos de Torneiros, atendendo a petición do BNG na quenda de rogos do último Pleno.

A falla de mantemento da cuberta do edificio atópase en moi mal estado tal como xa subliñaba na sesión plenaria a concelleira Cami Moreira, filtración de augas pluviais que coas precipitacións e treboadas dos últimos meses incrementáronse de tal xeito que “imposibilitan a práctica das actividades que se desenvolven no mesmo e están a producir importantes danos no interior, ademais de supoñer un risco para usuari@s das instalación”, subliñan dende o Concello.

A Concellería de Vías e Obras dirixida por Ramón Porto, acometerá os traballos de reparación que inclúen “a limpeza da totalidade dos canalóns perimetrais de recollida de pluviais, reposición das últimas de tella, reposición da estrutura e a xanela de acceso á cuberta e a reposición dos entronques”, pois dos danos interiores será o seguro quen se faga cargo xa que no seu día, do parte dado ao mesmo polo concelleiro de Emprego entón David Alonso, ao que lle rachazaron as reparacións do exterior.

Os espazos máis afectados serían os pasillos e 3 dos 20 viveiros existentes no último piso, que filtran auga polas fiestras velux. As obras a executar supoñen un investimento de 22.286 €.

Alejandro Lorenzo, explica que “falla de mantemento de moitas instalacións municipais está a causar moitos problemas e traballamos para solventalos á maior brevidade” indicou o rexidor, ben coñecedor do tema ao traballar no seu día como concelleiro de Emprego.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad