Sthela Táboas 14/01/2023

Propostas que poderían beneficiarse cunha liña de apoios por 2,1 M€ que a Xunta de Galicia ten aberta até o 2 de febreiro para a mellora das infraestructuras dos parques empresariais

O PSdeG-PSOE de Mos, en base á liña de axudas encamiñadas a rehabilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais en prazo até o vindeiro 2 de febreiro en réxime de competencia competitiva, presentan unha listaxe de ideas susceptibles de ser incluídas na mesma. Propostas que ao mesmo tempo “son reclamacións que se veñen facendo dende fai tempo, ademais de ser cuestións que reclama a veciñanza e a parte empresarial”.

Os socialistas de Mos reflexionan “sobre a necesidade de dar solucións a cuestións que levan moito tempo sobre a mesa e que este, podería ser un bo momento de empezar a arranxar algunha delas”. Inciden nas necesidades que presenta o Polígono do Rebullón e tamén no de Monte Faquiña “que por disputas políticas non se conclúen alternativas e solucións”.

No relativo a estes 2 polígonos as propostas socialistas a incluír nesta liña de axudas son:

*No Polígono do Rebullón:

      – Mellorar os accesos

    – Tratamento de augas

      – Xestión de residuos

      – Sistemas destinados á loita contra incendios

*No Polígono do Monte Faquiña:

      – Mellorar os accesos

A voceira socialista, Victoria Alonso, di que espera “altura de miras por parte do goberno e que se senten a estudar estas cuestións, cousa que poucas veces fan polo feito de ser presentadas polo PSdeG”. Pídelle ao equipo de goberno que “poña os intereses veciñais por diante dos políticos, xa que o fin destas propostas son acadar unhas melloras para a vila”.

Alonso remata dicindo que “moita xente leva tempo facendo solicitudes nesta liña, polo que aproveitar esta ocasión para algunha destas cuestións podería ser unha boa decisión”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad