Sthela Táboas 13/01/2023

A quinta edición da exhibición, que se celebrará o vindeiro domingo 15 de xaneiro no Ifevi cun aforo de 7.000 persoas, reunirá a 1.200 rondallistas en 14 agrupacións

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; os alcaldes de Mos e O Porriño, Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo; o presidente da Federación de Rondallas, Serafín Rodríguez, así como concelleiros de Tui, Gondomar e Nigrán, visitaron este venres a montaxe no Ifevi dos preparativos para quinta edición Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo que se celebrará o vindeiro domingo.

A representante autonómica destacou o impulso da Xunta a este evento que representa “a vitalidade da cultura tradicional e de base na nosa comunidade” e subliñou a importancia destas agrupacións en toda Galicia, especialmente na área de Vigo, o que xustifica a relevancia de apoiar esta celebración.

Fernández-Tapias invitou a todos os veciños de Vigo e da súa contorna a acudir este 15 de xaneiro ao Ifevi para poder gozar “dun espectáculo único en Galicia” e que cada año exerce como escaparate da cultura tradicional.

Neste V Certame de Rondallas da Área de Vigo participarán un total de 14 agrupacións, catro delas da cidade de Vigo (Valladares, Beade, Helios de Bembrive e Freixo), catro de Mos (Guizán, Herville, Torroso e Santa Eulalia de Mos), dúas do Porriño (Pontellas e Atios), dúas de Gondomar (Vincios e Nosa Merced de Chaín), unha de Nigrán (Parada) e unha de Tui (Pexegueiro).

En total, as catorce agrupacións contarán con 1.200 rondalleiros participantes e o Ifevi disporá dun aforo de 7.000 persoas, contando as bancadas do pavillon e as cadeiras que se instalarán.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad