Sthela Táboas 13/01/2023

O secretario xeral provincial, David Regades, e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva, reúnense c@s responsables municipais dalgúns dos concellos -nos que se dan tódalas condicións previstas na Lei de Emerxencias de Galicia para repartir axudas- e esíxenlle a Rueda “que esperte dunha vez”

Os estragos causados polos temporais do pasado Nadal na provincia de Pontevedra esixen dunha resposta inmediata por parte dunha Xunta de Galicia que non pode seguir eludindo as súas competencias.  Así o acordaron @s rexidores e tenentes de alcalde dalgúns dos concellos máis afectados, reunidos hoxe en Tui nun “cumio” organizado polo secretario xeral provincial, David Regades, e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva.

Regades reclamou que a Xunta “deixe de botar balóns fóra” e declare de inmediato a situación de emerxencia de interese galego, é dicir, da figura legal que ampara o reparto das axudas directas tanto á veciñanza como aos concellos.

Na mesma liña, Carmela Silva subliñou que se dan tódolos requisitos establecidos na Lei de Emerxencias de Galicia 5/2007 para que o Consello da Xunta aprobe a emerxencia de interese galego e habilite as modificacións orzamentarias necesarias, tal e como establece o artigo 36 deste texto legal. Asemade, a Xunta debe aprobar xa o Decreto para establecer os criterios de reparto das axudas e evitar que se fagan “a dedo”, como adoita facer a Xunta en base á cor política dos concellos. Esta regulación vén recollida expresamente no artigo 38 da Lei de Emerxencias.

David Regades, despois de escoitar aos responsables municipais, recalcou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “non pode seguir ausente  porque hai un clamor de alcaldes e alcaldesas e de veciños e veciñas que se escoita en toda a provincia” onde hai moitos concellos gravemente afectados e que viron como servizos e espazos públicos quedaron moi danados. Algúns dos danos afectan a infraestruturas con competencias compartidas, como os grandes colectores de saneamento, e o importe dos danos supón, en moitos casos, un grave quebranto para as economías municipais.

@s rexidores destacaron que tan só en 2016 a Xunta aplicou esta previsión da Lei de Emerxencias para repartir axudas para paliar os danos da vaga de lumes, pero daquela as subvencións foron moi escasas, pouco transparentes e chegaron a moi pouca xente.

Regades engadiu, que con independencia de que a Xunta ten que asumir a súa responsabilidade, o PSdeG-PSOE da provincia tamén está en contacto permanente coa Delegación do Goberno para difundir a posibilidade de que a veciñanza afectada solicite as axudas recollidas no RD 307/2005 que cubre os danos  a particulares en vivendas habituais ou nos “enseres” básicos a raíz de situacións castróficas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad