Sthela Táboas 12/01/2023

Todas as ambulancias asistenciais do 061 “cumpren estritamente coa normativa vixente respecto das condicións de temperatura do habitáculo asistencial e contan cun dispositivo de retención pediátrica con adaptador para neonatos”

En referencia as informacións publicadas nos medios, sobre o traslado dun bebé ao Hospital Álvaro Cunqueiro por unha patrulla da Policía Local do Porriño na noite do pasado día 5, tras ser alertados por unha testemuña e atopalo en brazos do seu pai ebrio na estrada a Mosende, e sobre o servizo que ha unidade asistencial prestou, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai puntualizacións.

“O tempo de asistencia”, é dicir, o que transcorre desde que se descolga o teléfono na sala do 061 e o que a ambulancia chega ao Centro de Saúde do Porriño “foi de 6 minutos”, pois ao centro médico chegou coa nai no vehículo policial para ser valorado no PAC.

Tras unha primeira valoración do pequeno, decidiuse o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, acompañado pola súa nai, aínda que non se fixo na ambulancia asistencial de soporte vital básico, pois nas declaracións realizadas polo Xefe da Policía Local do Porriño, Daniel Rodríguez, este afirma que se trasladou ao bebé no vehículo policial porque “a ambulancia non alcanzaba os 24º de temperatura no seu interior”.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indica que todas as súas ambulancias asistenciais “cumpren estritamente coa normativa vixente respecto das condicións de temperatura do habitáculo asistencial e contan cun dispositivo de retención pediátrica con adaptador para neonatos”, e nas mesmas condicións foi trasladado dende o punto de recollida ata o Centro de Saúde do Porriño.

Deste xeito, non se entende que existindo un vehículo sanitario totalmente equipado co material sanitario axeitado e con safekids, xunto co médico do PAC do Porriño de ser preciso -medios dos que un vehículo policial non dispón-, se decidise trasladar doutro xeito a este bebé e a súa nai.

Por outra banda e respecto a actividade da ambulancia asistencial de soporte vital básico con base en O  Porriño, subliñar que a actividade deste recurso asistencial segundo os estudos sobre a actividade da Rede de transporte sanitario urxente que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 realiza periodicamente.

Por último, dende a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 lembran que “a cobertura sanitaria á urxencia e á emerxencia no concello do Porriño mantense estable nos últimos anos”, contando na actualidade cos seguintes recursos asistenciais:

  • Unha ambulancia de soporte vital básico con base no Porriño dotada con dous técnicos en emerxencias sanitarias (TES) e desfibrilador externo semiautomático.
  • Dúas ambulancias de soporte vital avanzado medicalizadas con base en Mos e Vigo dotadas con dous TES, persoal facultativo e de enfermería.
  • Unha ambulancia de soporte vital avanzado de enfermería con base en Vigo dotada con persoal TES e de enfermería.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad