Sthela Táboas 11/01/2023

Repartidos en 29.613 turistas e 10.385 peregrinos, a maior parte en ámbolos dous casos son de procedencia nacional sendo o mes de agosto o de maior afluencia

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu, durante 2022, presencialmente a 39.998 visitantes, dos que 29.613 eran turistas e 10.385 peregrinos. Destacou o mes de agosto como o de maior afluencia de todo o ano con 8.885 visitantes atendidos.

A Oficina Municipal de Turismo está instalada dende o pasado mes de febreiro no céntrico Paseo da Corredoira nunha amplas instalacións que melloran substancialmente as anteriores, localizadas na Praza de San Fernando.

Do desglose dos datos desta Oficina de Turismo do Concello de Tui podemos comprobar como dos 29.613 turistas atendidos, 27.250 eran de procedencia española e 2.363 estranxeiros.

Os turistas españois chegaron principalmente de Madrid, Barcelona, Sevilla e a propia provincia de Pontevedra. Pola súa banda, os turistas estranxeiros procedían principalmente de Portugal, Italia, Alemaña, Francia e Reino Unido.

No que atinxe aos peregrinos destaca que dos 10.385 peregrinos atendidos un total de 3.450 eran de procedencia estranxeira e 6.935 de orixe español.  No caso dos peregrinos estranxeiros son Portugal, Alemaña, Italia e Estados Unidos os que aportan más peregrinos que chegan ata de 59 nacionalidades distintas. No que toca aos peregrinos españois proceden especialmente da propia provincia de Pontevedra e logo de Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia. Destacar que foron atendidos nesta Oficina peregrinos de todas as provincias de España.

Estes datos, indica o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, “testemuñan o dinamismo do sector turístico na nosa cidade en crecemento constante cada ano, dinamizando o tecido económico tudense, que ten no turismo o seu principal factor de desenvolvemento endóxeno”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad