Sthela Táboas 11/01/2023

Será puntuable para a Copa de España de Pádel adaptado e terá lugar no Twelve Padel Zenter de Vigo entre o 27 e o 29 de xaneiro

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernádez Tapias, presentaron hoxe no centro Twelve Padel Zenter de Vigo,  o I Torneo Nacional de Pádel en cadeira de rodas que terá lugar do 27 ao 29 de xaneiro e que será puntuable para a Copa de España de Pádel adaptado.

Lete Lasa destacou o crecemento exponencial tanto do pádel como do deporte adaptado en Galicia nos últimos anos. Neste sentido apuntou que, dende 2009, cando a Federación Galega de Pádel contaba con 1.482 licenzas, estas “multiplicáronse por seis, ata chegar ás 8.592 que temos hoxe”. Do mesmo xeito, o mandatario galego lembrou o gran momento que atravesa o deporte adaptado galego xa que nos Xogos Paralímpicos de Toquio, o 87,5% dos galegos participantes regresaron entre os oito mellores do mundo.

Estes dous fenómenos, dixo o secretario xeral, “presentan tanxencias”. Hai exactamente un mes, “asistía á Copa Galicia de Pádel para Discapacitados Intelectuais celebrada no Ipadel Fitness de Mos e organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado coa colaboración da Xunta de Galicia” e hoxe, presentamos o I Torneo Nacional de Pádel en Cadeira de Rodas. Estes torneos, continuou, supoñen un “magnífico chamamento para que todas aquelas persoas con mobilidade reducida, sen condición de idade ou sexo, anímense á práctica deportiva”.

Lete Lasa destacou ao deporte como “un axente para o aumento da autonomía e cunha función integradora, normalizadora e sobre todo, inclusiva”. Neste sentido destacou a Bernabé Costas e Alberto Abalde, dous ex xogadores do Club Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas pero que ademais do pádel, tamén practican tríatlon indoor ou ciclismo. “Deportistas con algunha discapacidade pero con todas as capacidades para adaptarse a calquera disciplina e triunfar nela”, sentenciou.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad