Sthela Táboas 11/01/2023

Ata o 26 de febreiro continúa aberta en varias salas do Mar de Vigo a espectacular exposición inmersiva “Vanguardias, el arte que soñó con cambiar el mundo” de martes a domingo

A piques de esgotarse as entradas para o concerto da Film Symphony Orchestra o 28 de xaneiro co programa “Krypton”, baseado nas bandas sonoras das mellores películas de superheroes e superheroínas da historia do cine

O Auditorio Mar de Vigo pechará esta fin de semana, á par que o apagado das luces na cidade olívica, a súa completa programación de Nadal. Será con dous espectáculos, o venres 13 e sábado 14, enfocados ao público familiar, na liña do programa das festas navideñas.

Este venres 13 de xaneiro ás 21.00 h será o turno da obra “El Lago de los cisnes”, interpretado polo prestixioso Ballet Clásico de Ucrania. Este ballet, coa música composta por Tchaikovsky, é un dos grandes clásicos de todos os tempos, cuxa vistosa posta en escena está dirixida por Anatoly Kazatskiy, un dos coreógrafos ucranianos.

No día seguinte, o sábado 14 de xaneiro, será a quenda do fermoso espectáculo ”Walt Disney in concert”, interpretado pola Hollywood Symphony Orchestra. Esta formación interpretará moitas das cancións máis populares dos filmes de animación de Disney, seguidos por centos de miles de nenos en todo o mundo, e que forman a banda sonora de varias xeracións. Músicas que evocarán a Frozen, Aladdin, El Rey León, Bambi, Dumbo, Blancanieves ou a entrañable Mary Poppins, sonarán este sábado dentro deste concerto sinfónico desde as 21.00 h no escenario do Mar de Vigo.

Éxito da exposición “Vanguardias” e entradas para a Film Symphony Orchestra a piques de esgotarse

Por outra banda, continúa aberta en varias salas do Mar de Vigo a espectacular exposición inmersiva “Vanguardias, el arte que soñó con cambiar el mundo”. Unha exposición diferente pensada para toda a familia, para achegarse de xeito didáctico á arte contemporánea, a través de pantallas xigantes de 4 m de alto ata 24 m de ancho nalgúns tramos. Un xeito de achegarse a arte de avangarda de principios do século XX, con artistas como Kazimir Malevich, Kandinsky ou Amedeo Modigliani. A exposición estará aberta en horario de mañá e de tarde, ata o 26 de febreiro.

A programación do mes de xaneiro completarase con outras tres actuacións. O domingo 22 de xaneiro chega a obra clásica Carmina Burana de Carl Orff, e a interpretación da 9ª Sinfonía de Beethoven a cargo da Orquestra Sinfónica e Coro Estatales Ucranianos. O venres 27 de xaneiro co concerto de Macaco, que presentará o seu novo disco “Vuélame el corazón” e, finalmente, o sábado 28 de xaneiro coa agardada Film Symphony Orchestra, dirixida por Constatino Martínez Orts. Nesta ocasión co espectáculo de músicas de cine “Krypton”, baseado na música de filmes de superheroes e superheroínas. O 90% das entradas para este concerto xa están vendidas e prevese que nos vindeiro se complete o aforo. Todas as entradas para os espectáculos que teñen lugar no Auditorio Mar de Vigo, así como para a exposición “Vanguardias”, poden adquirirse a través da plataforma www.teuticket.com.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad