Sthela Táboas 11/01/2023

Con motivo do Día dos Usuarios da Biblioteca este sábado ás 11.00 h entregaranse os diplomas aos lectores de honra de entre os 1.000 usuarios do pasado ano

Hoxe mércores, 11 de xaneiro, celébrase o Día dos Usuarios das Bibliotecas, unha xornada na que se recoñece  aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois os usuarios son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información.

En 2022 a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou un total de 12.788 préstamos de libros, cunha media de 1.066  préstamos ao mes, a un total de 988 usuarios activos da Biblioteca tudense.

Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano 2021 cando se acadaron os 10.255 préstamos, en concreto o crecemento é dun 25% no número de préstamos, incremento que tamén abrangue ao número de usuarios activos que alcanza as 988 persoas, un 30% superior respecto ao pasado ano 2021 que foron 759.

Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.226 usuarios, ao longo do pasado ano se incorporaron a este servizo 363 novos usuarios. 145 adultos ou maiores de 14 anos e 119 usuarios infantís. Deste conxunto de usuarios, 988 fixeron uso do servizo de préstamo de libros: 570 adultos e 418 infantís.

Precisamente con motivo do Día dos Usuarios das Bibliotecas que hoxe se celebra o centro bibliotecario tudense entregará este sábado, 14 de xaneiro, ás 11.00 h os diplomas de lectores de honra do ano 2022 ás tres persoas, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano. Na categoría infantil os máis lectores foron Marina Ropero Montero, Elena Sousa Fernández e Sergio Fontenla Alonso. Mentres en adultos as persoas que máis libros levaron en préstamo foron María Presas Blanco, Loida Aneiros Leiro e Alfredo Godoy Zamorano.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad