Sthela Táboas 05/12/2022

Este certame polo que aposta a Deputación de Pontevedra premiará aos mellores relatos entre dúas categorías: da ESO por unha banda e Bacharelato, FP Básica ou Grao Medio pola outra. Os relatos  partirán da denuncia do carácter machista dunha canción e posterior reflexión para construír o mundo e as relacións dende o feminismo

A Deputación vén de lanzar “Cambiemos o conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio de centros educativos da provincia para incentivar entre a mocidade o pensamento crítico, sensibilizala na igualade e na loita contra as violencias machistas e fomentar a súa creatividade.  O certame xorde ao abeiro dos actos do primeiro aniversario do “Manifesto de Soutomaior”, o documento asinado fai un ano por mulleres da cultura no que se denunciaron as diferentes situacións de desigualdade  que existen no mundo da escrita e se propuxo un plan de acción para rachar con elas. O concurso, aberto ata o 30 de xaneiro de 2023, premiará aos mellores relatos  elaborados pola mocidade que partan da denuncia do carácter machista dunha canción e reflexionen para construír o mundo e as relacións dende o feminismo. Haberá tres premios para ESO e outros tres para Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio e os galardóns, iguais para ambas categorías, recalarán tanto nos centros educativos como n@s moz@s gañadores.

“A educación e a cultura son ferramentas indispensables para cambiar o mundo, por iso consideramos fundamental que dende as aulas se impulse o espírito creador da mocidade e se faga denunciando e modificando todo aquilo que non está a funcionar como debe, como é o caso das violencias que sofren as mulleres e as desigualdades que padecen” remarcou a presidenta provincial Carmela Silva. Deste xeito, “Cambiemos o conto” ten por obxectivo premiar aos mellores relatos orixinais e inéditos elaborados de xeito individual por mozas e mozos de secundaria. Os relatos deben contar con entre 3.500 e 7.000 caracteres e partir dunha estrofa ou verso dunha canción que se escoite na contorna da mocidade, que teña moitas persoas seareiras, denunciando o seu carácter machista e facendo fincapé na necesidade de configurar un mundo feminista, libre de violencias machistas e  igualitario.

A participación no concurso é individual e cada concursante poderá presentar unha única proposta. Será o centro educativo a través dunha persoa responsable, unha mestra ou mestre ou a dirección, quen envíe a participa.igualdade@depo.gal cada un dos relatos, en formato pdf, e identificados co nome da persoa participante, curso e nome do centro. Haberá dúas categorías, unha para o alumnado da ESO e outra para Bacharelato, FP Básica ou de Grao Medio e os premios serán iguais para ambas categorías. O 1º premio consistirá nunha actuación musical ou encontro cunha escritora galega para o centro educativo e un ordenador portátil para @ moz@ gañador; o 2º premio no encontro cunha escritora galega para o centro e unha tableta para @ moz@ gañador; e o 3º premio na realización do obradoiro “Mudando letras” para o centro educativo, e un agasallo didáctico para @ moz@ gañador.

Con motivo do primeiro aniversario do Manifesto de Soutomaior, amais deste concurso de relatos, acordouse tamén poñer en marcha os premios literarios “Hai unha voz”, para recoñecer o papel das escritoras, así como un observatorio sobre a situación das mulleres na literatura e unha biblioteca dixital de mulleres da escrita.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad