Sthela Táboas 29/11/2022

O conselleiro de Educación anunciou onte a inminente licitación da ampliación deste centro que permitirá acoller novos ciclos de FP Básica

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez,visitou onte á tarde o instituto da localidade de Mos, “un centro que a Xunta de Galicia vai ampliar para dar un mellor servizo á comunidade educativa”, anunciou.

A actuación, que conta cun orzamento de máis de 750.000€, ten como obxectivo crear máis aulas e permitirá acoller novos ciclos de FP Básica. Con esta actuación, o Goberno autonómico eleva a 1,1 M€ o investimento no instituto de Mos, onde en 2020 xa se realizaron traballos de mellora da cuberta, indicou.

En canto a inminente licitaciónda ampliación do instituto explicou que as novas clases situaranse no primeiro andar do edificio, que concentrará a maior parte da obra.Serán en total catronovos espazos, todos eles cunha superficie maior de 60 m2 e con iluminación exterior. Ademais, neste mesmo andar crearase unha zona de estudo comunicada coa biblioteca a través dunhas novas escaleiras cara ao piso inferior.

Xa na planta baixa a intervención centrarase na ampliación dabiblioteca cara a zona do acceso principal do edifico, ademais de crear a devandita escaleira que permitirá subir á zona de estudo da planta primeira.

Máis de 2,5 M€ no concello

O conselleiro enmarcou esta ampliación “na atención que dá o Goberno galego ás zonas con maior crecemento de poboación e, polo tanto, con máis necesidades de escolarización”. “De feito –sinalou–este investimento súmase aos máis de 2,5 M€ que a Xunta ten investido nos últimos anos nos centros educativos deste concello de Mos”.

A actuación forma parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica,a folla de ruta pioneira coa que Galicia se adianta no deseño das escolas poscovid, adaptando os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. A través deste plan prevese renovar 4 de cada 10 centros educativos, cun orzamento total de 191 M€.

O obxectivo final é acadar centros más amplos, mellor dotados desde o punto de vista tecnolóxico, máis cómodos para alumnado e profesorado, máis respectuosos co medio ambiente e capaces de aforrar consumo enerxético.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad