Dende o 1 de decembro a recollida na porta dos establecementos comerciais será ás 14.00 h, os martes e xoves
A Concellería de Limpeza do Concello do Porriño, dirixida por José Carlos González, informa dun cambio de horario no servizo de recollida de papel e cartón comercial.
Deste xeito, dende o xoves 1 de decembro, os establecementos adheridos a este servizo de balde deberán cambiar o horario no que deixaban os residuos na porta do local, xa que se recollerá ás 14.00 h dos martes e xoves.
Os comercios que aínda non estean inscritos e desexen utilizar este servizo poden anotarse no 665 571 555 ou enviando un email a tecnicoporrino@serviciosdosconcellosgalegos.es para poder engadilos á ruta de recollida.
Dende a concellería de Limpeza lembran que depositar entullos na vía pública está prohibido e é obxecto de sanción.
O Concello do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de cita previa. Todos aqueles que queiran desfacerse de voluminosos deberán chamar ao 655 571 555 e o servizo de limpeza municipal indicaralles onde e cando deben depositar estes enseres. Tamén poden acudir directamente ao Punto Limpo, sito no Polígono A Granxa (Rúa Cíes 187) de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h (os luns tamén de 16.00 a 20.00 h).