Sabela Landín 17/11/2022

Será coa conferencia de Francisco Singul: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago

O Concello de Tui retoma o vindeiro martes, 22 de outubro, ás 19,30 horas no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) a celebración do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza na nosa cidade do director da Área de Cultura Xacobea da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul Lorenzo, que pronunciará unha conferencia titulada: “Puerto y Puerta del Camino Portugués: Tui en la construcción cultural de la peregrinación a Santiago”.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a presenza en Tui dun dos máximos especialistas, a nivel internacional, sobre o Camiño de Santiago e cultura xacobea que se achega ata a nosa cidade para realizar esta intervención que documenta a achega tudense á construción, ao longo dos séculos, do fenómeno da peregrinación, neste caso a través do Camiño Portugués.

Para o alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, afirma que este “Foro do Camiño Portugués”, pretende contribuír ao posicionamento de Tui no ámbito do Camiño de Santiago. Este Foro foi inaugurado o pasado 20 de abril  de 2021 coa presenza de Juan Manuel López-Chaves e nel teñen participado numerosas personalidades vinculadas ao Camiño Portugués e a súa xestión.

Este Foro súmase a outras medidas impulsadas dende o Concello a prol do Camiño ao entender que a ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do noso concello: a creación da Mesa do Camiño, o impulso a actividades diversas, publicacións, a posta en marcha do perfil de Facebook “Camiño Portugués. Tui” con máis 5.400 amigos, etc.

Medidas todas para consolidar a hospitalidade desta cidade de Tui aos milleiros de peregrinos que nos vistan ao longo do ano e que converten á esta vella urbe nun dos primeiros lugares que elixen os peregrinos para iniciar a súa peregrinación a Compostela.

Francisco Singul é doutor en Historia da Arte, xefe de área de Cultura Xacobea da SA de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galicia), investigador, comisario de exposicións e escritor. Participou en numerosos congresos internacionais sobre as peregrinacións a Santiago de Compostela, ten dirixido e coordinado varios libros colectivos sobre a catedral de Santiago, a pratería e o acibeche composteláns e sobre o Camiño de Santiago. É autor de varios libros de temática xacobea e de artigos sobre arte galega e as peregrinacións xacobeas, aparecidos en revistas internacionais, obras colectivas e actas de congresos.

Entre os seus libros podemos citar:Historia Cultural do Camiño de Santiago, Vigo, 1999; O Caminho de Santiago. A peregrinaçâo ocidental na Idade Média, Río de Janeiro, 1999; La Ciudad de las Luces, Santiago, 2001, Cammino di Santiago. Cultura e pensiero, Roma 2007; Camino de Santiago, Tokio, 2008; Vino y cultura medieval.  Galicia y los caminos de Santiago, Santiago, 2010; Diego Gelmírez, señor de Torres de Oeste, Madrid, 2014; El Camino Francés en el Códice Calixtino, Santiago, 2016; Camino que vence al tiempo. La peregrinación a Compostela, Madrid, 2020, A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)”, 2021, etc.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad