Sthela Táboas 18/11/2022

“As canteiras ubicadas no Monte Carrascal e Laxedo son monte comunal sen ningún xénero de dúbidas” así se simplifica o fallo xudicial que obriga ao Concello a  asumir os gastos do pleito

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza datada este luns 14 de novembro de 2022, rexeitou o recurso de casación interposto polo Concello do Porriño contra a sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra de 22 de marzo deste ano, ratificando tanto a de apelación como a Sentenza de 1ª Instancia do Xulgado nº 3 do Porriño, de 28 de febreiro de 2018. E faino dun xeito contundente: As canteiras ubicadas no Monte Carrascal e Laxedo son monte comunal sen ningún xénero de dúbidas.

Unha sentenza histórica que confirma o que os comuneiros e veciños de Atios sabemos dende tempo inmemorial e que, despois de anos de loita nos tribunais, agora se ratifica para a eternidade. Unha sentenza que da unha labazada xurídica aos argumentos sostidos no recurso polo avogado do Concello, e que deixa en evidencia ao alcalde Alejandro Lorenzo e ao grupo municipal do PP no Porriño. E afirmamos isto porque foi persoalmente o alcalde quen decidiu presentar o recurso e seguir adainte cun preito que se sabía perdido. Secundado polos concelleiros do seu partido, desoíu por dúas veces ao mandato do Pleno que, por mayoría, votou en contra do recurso.

O alcalde debe asumir agora toda a responsabilidade deste fallo xudicial, porque ademais a sentenza impón as custas á parte recurrente, e dicir, ao Concello, a quen lle corresponde agora asumir o custo do preito. O señor Lorenzo debe responder tamén políticamente pola súa decisión, que nós criticamos duramente porque sabíamos que estaba errada desde o principio. Os veciños de Atios non deberán esquecelo.

Desde un punto de vista xurídico a sentenza non ten desperdicio, xa que desbota con lóxica aplastante todos os argumentos do avogado municipal. En primeiro lugar, critica a presentación do recurso por infracción procesal, xa que hai xurisprudencia abonda en sentido contrario, e o letrado do Concello debera sabelo. En resumo, os maxistrados veñen a dicir que a sala do TSXG que analiza o caso, non é competente para ver o suposto de infracción procesal, e sostén ademais que non se vulnerou ningunha Lei na sentenza de apelación ditada pola Audiencia.

No fondo da cuestión, sácalle as cores ao Concello cando pretendía desmontar que o monte comunal de Atios non estaba identificado, xa que no caso de Budiño invalidouse a parte do deslinde que asinaron as dúas comunidades. Básicamente, o TSXG di que se o caso de Budiño xa foi xulgado iso non afecta para nada á demanda de Atios, porque nada ten que ver Atios co preito da parroquia veciña e non eramos nós parte nese procedemento. Outra labazada maiúscula.

O TSXG reforza a validez e verosimilitude das probas achegadas na demanda, tanto o informe pericial de Ángel Bravo, fundamental para o éxito do preito e que foi ratificado na vista oral polo perito xudicial solicitado polo Concello; como o relato manifestado pola veciña do Carbón Ramona Maceira, a única que a xuiza do Porriño deixou comparecer na sala para dar testemuña. Son probas máis que suficientes para dar por absolutamente identificado, desde un punto de vista histórico e xurídico, o monte Carrascal e Laxedo como de titularidade comunal dos veciños de Atios desde a noite dos tempos.

A sentenza imponlle as custas ao Concello, porque presentou un recurso cando sabía que non había argumentos para a infracción procesal, e no caso da casación, sabía tamén que non cabía unha reinterpretación da proba que quedara ratificada en segunda instancia.

A partir de agora, Atios é dona dos seus recursos. Seremos os veciños os que ingresemos as rendas das canteiras (veremos cantas quedan, cantas pagan e en que condicións). Ábrese unha nova etapa, que afrontaremos con prudencia e serenidade. Disporemos de máis fondos para acometer obras e subvencións. A prioridade desta comunidade de montes é precisamente esa, o monte, e aí destinaremos boa parte dos recursos. Pero somos conscientes que toda a parroquia ten dereito a ser beneficiada co diñeiro procedente do arrendamento das canteiras e dos terreos que ocupan as empresas. No seu momento abordaremos esas cuestión, agora toca celebrar este éxito histórico de toda a parroquia. Nos próximos días anunciaremos as decisións que se vaian tomando.

NORABOA A TODOS OS VECIÑOS QUE SEMPRE CRERON NOS DEREITOS DE ATIOS!

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad