Sthela Táboas 16/11/2022

Mos distribúe anualmente unha media de 40 toneladas de alimentos entre familias mosenses que o necesitan e tras a entrega desta tarde, comezarase a traballar a pleno rendemento na campaña de Nadal

Esta tarde o equipo de voluntari@s de Mos Axuda fará o último reparto do ano de alimentos ás familias usuarias dos Servizos Sociais comunitarios do Concello de Mos, previo á entrega que se fai no mes de decembro con productos navideños con motivo das Festas do Nadal.

Así o informaron esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, que anunciaron ademáis que desde hoxe, o departamento municipal que dirixe Cebreiro e Mos Axuda, comezan a traballar a pleno rendemento na campaña de Nadal de recollida para as devanditas familias beneficiarias, polos colexios, supermercados, e locais das asociacións do municipio. Habitualmente colaboran nesta campaña tanto particulares como empresas mosenses.

Esta tarde repartíronse un total de 11.500 kg, once toneladas e media de alimentos non perecedoiros, facilitados a Mos Axuda pola Cruz Vermella. O Concello de Mos, a través de Mos Axuda e grazas ás aportacións de Cruz Vermella, así como da veciñanza, empresariado e tecido asociativo, vén repartindo nos últimos anos unha media anual de 40 toneladas de alimentos.

A rexedora local mosense e a edil Sara Cebreiro quixeron agradecer neste senso “non só as aportacións materiais de particulares e entidades, senón tamén o arduo labor das persoas voluntarias de Mos Axuda que, co seu tempo e traballo, contribúen a facilitarlle a vida aos mosenses que máis o necesitan” e tamén informaron por último de que “en Mos temos 3 programas de voluntariado en marcha cun total de 52 voluntari@s: o Programa de Voluntariado Xuvenil con 28 voluntari@s (15 de Protección Civil, 8 de Mos Axuda e 5 de voluntariado medioambiental); o Programa Senior con 9 voluntari@s (1 de voluntariado dixital e 8 de acompañamento de maiores); e o Programa de Voluntariado en Igualdade con 15 voluntari@s para os puntos violetas en eventos”.“A todos darlles as grazas pola súa entrega desinteresada por e para axudar aos demais”, concluíron Arévalo e Cebreiro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad