Sthela Táboas 15/11/2022

Entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro o Paseo da Corredoira volverá encherse cos postos de venda, que contan con prazo de inscrición aberto até as 23.00 h do domingo 20 de novembro

O Concello de Tui realiza unha firme aposta polo Mercado de Nadal, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, por iso dende o 5 de decembro e até o 5 de xaneiro permanecerá aberto ao público no céntrico Paseo da Corredoira.

Así o Paseo da Corredoira inundarase da maxia do Nadal e dos produtos típicos desta época dende o próximo 5 de decembro. O Concello de Tui, a través do Departamento de Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio  e Mercados, organiza o Mercado de Nadal no que poderán participar persoas artesás e comerciantes con produtos específicos destas datas coma alimentación, decoración, agasallos,…

Terán prioridade as persoas solicitantes que presenten produtos de carácter artesáns e os producidos a pequena escala.  Valorarase que os solicitantes teñan razón social en Tui ou na comarca, a calidade, singularidade e carácter diferencial dos produtos que teñan á venda, variedade de sectores, que sexan producidos en Galicia, ou que a persoa solicitante estea en posesión da carta de artesán.  A participación no mercado é gratuíta aínda que as persoas expositoras deberán depositar unha fianza de 150 €.  Durante o mercado deberán decorar os seus postos con motivos do Nadal. 

A participación no Mercado de Nadal poderase solicitar no mes completo, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro, ou ben nas quendas establecidas do 5 ao 11 de decembro, do 12 ao 18 de decembro, do 19 ao 24 de decembro e do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

Para participar deberán cubrir, até as 23.00 h do domingo 20 de novembro, o formulario en liña accesible en www.tui.gal, e remitir ao correo mercadonadaltui@gmail.com entre 4 e 6 fotografías  representativas dos produtos que terán en exposición e venda.

O Mercado de Nadal celebrarase entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira onde se instalarán 10 casetas de madeiras para acoller os postos. Abrirá de luns a xoves de 17.00 a 21.30 h, de venres a domingo, festivos e véspera de festivo tamén polas mañás de 12.00 a 14.00 h. Mentres o 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá e o 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad