Sabela Landín 14/11/2022

Os traballos atópanse xa moi avanzados e quedarán rematados a semana que vén

A obra, cun orzamento de 40.000 euros, conta cunha axuda autonómica de 30.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental

A alcaldesa de Mos vén de informar de que se atopan en marcha as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio do Multiusos, parroquia de Petelos. Os traballos atópanse xa moi avanzados e prevese que estean rematados a principios da vindeira semana.

A Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Mos unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2022 a tal fin por importe total de 30.000,00 €, que supoñen o financiamento dos investimentos nun 75,00%. O 25% restante asúmeo a administración local mosense. O presuposto total de execución por contrata das obras ascende a 40.000,00 €.

O equipo de climatización actual que está a ser substituído e mellorado ten xa máis de 15 anos, polo que coa instalación do novo equipo mellorarase a eficiencia enerxética no edifico do Multiusos, puidendo alcanzar a temperatura óptima no interior do mesmo, cun menor custe enerxético. Todo elo axustándose aos estándares de confort e salubridade esixidos pola normativa vixente.

Os labores de optimización da climatización do Multiusos inclúen a diferenciación dos circuitos de emisión, equipo actual de bomba de calor manter para o salón de actos, e novo equipo para despachos e salas (uso administrativo) a partir dun sistema de aerotermia monobloc ECOFOREST ou similar.

O novo equipo ubícase sobre as viguetas que forman parte do teito do cuarto de instalacións, é dicir, en superficie, instalando previamente un tramex para garantir a súa protección.

Pártese de diferenciación de circuitos, xa que o circuito de maior uso é o de fancoils que atende á zona administrativa do edificio, quedando do seguinte xeito a potencia a emitir segundo os datos dos fancoils (termoven).

Os equipos xeradores serán 2 unidades aerotérmicas MONOBLOC (conexión hidráulicas), de 18 kW cada unha. Sumando 36 kW suficiente para cubrir a potencia instalada. Estas se acoplarán ao colector xeral con posibilidade de acople directo. A razón de instalar estas unidades radica en ter duplicidade e reparto de carga sobre a cuberta de viguetas que se sitúan sobre o foso (cuarto de instalacións). Estas deberán estar sobre o mesmo por razón de intercambio térmico co aire, realizarase unha hornacina ou armario que as protexa de posibles actos vandálicos, así como que as integre estéticamente na fachada do edificio.

O prazo máximo para a execución da obra é de 4 semanas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad