Sabela Landín 03/11/2022

Máis de 120 deportistas disputaron esta competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado

O Asdan impúxose na categoría Competición e o equipo do Aspanaex na Adaptada

O Porriño acolleu onte a xornada final da XXVI Liga Galega de Baloncesto  Adaptado. Máis de 120 deportistas déronse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

En total disputáronse 12 partidos nos tres campos habilitados. Xogadores e xogadoras do San Rafael , Celta Integra, Aspanaex, Saiar, San Rafael, Aspavi, Celta Integra Saladino C.B, Aspanaex, Mendez Núñez, Saladino C.A. e Asdan saltaron á pista para resolver o campionato nas diferentes categorías.

O equipo do Asdan impúxose finalmente na categoría Competición, seguido do Celta Integra e o San Rafael en segundo e terceiro posto, respectivamente.

Na categoría Adaptada o Aspanaex liderou a clasificación e Saiar e Saladino CB completaron o podio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad