Sthela Táboas 03/11/2022

Carmela Silva salientou o traballo da innovación  “baseada no territorio, no que somos e en produtos como os fungos, que constrúen vida e planeta e provocan benestar e saúde”

A fundadora, Catalina Fernández, describíu a súa actividade como “unha ciencia nova que mestura a micoloxía coas terapias, dotando de novas ferramentas terapéuticas aos profesionais da saúde”

“Síntome moi orgullosa de ver que esta provincia conta con empresas moi internacionalizadas, deste altísimo nivel de innovación e investigación” asegurou Carmela Silva na súa visita a Hifas da Terra, na que estivo acompañada polo deputado provincial Manuel González. A presidenta foi recibida por Catalina Fernández, CEO e fundadora de Hifas da Terra, e EstebanSinde, director de I+D+i, que explicaron con paixón as múltiples propiedades terapéuticos dos fungos e os proxectos nos que a empresa participa e a están situando como mundial líder en micoterapia.

“Hifas da Terra ten moitísimo futuro –remarcou a presidenta-  está baseada no territorio, no que somos e en produtos como os fungos que constrúen vida e planeta, provocan benestar e saúde”. Carmela Silva subliñou tamén a aposta da empresa polo I+D+i  “con moitos produtos que converten a esta provincia, a Galicia, nunha grande referencia en innovación e na recreación doutro mundo onde a natureza ocupe, de verdade, un espazo importante”.

Pola súa banda Catalina Fernández, CEO e fundadora de Hifas da Terra, recordou que “levamos 23 anos de historia, investigando e construíndo o mundo da micoterapia, converténdonos nunha referencia mundial”. Destacou que “temos levado esta rama da ciencia aos niveis máis altos, situando no Dicionario da Farmacia a palabra micoterapia, que mestura a micoloxía coas terapias, dotando de novas ferramentas terapéuticas aos profesionais da saúde”. E informou que “estamos a participar en ensaios clínicos do máis alto nivel” e camiñando cara a industria farmacéutica “comezando un camiño de purificación molecular, buscando novos antibióticos a partir dos fungos”. “Soñamos –engadiu- con ser un grande centro de investigación que poida aportar ao mundo novas terapias”.

Hifas da Terra é líder internacional no desenvolvemento de produtos naturais destinados á saúde humana baseados en fungos medicinais. Tamén está considerada a biotech máis grande de Europa en investigación e desenvolvemento sobre setas medicinais e única en micoterapia con ensaios clínicos. A empresa aséntase na premisa de que os fungos medicinais teñen numerosos efectos positivos para a saúde humana, con centos de substancias bioactivas.  Ao longo da súa traxectoria ten recibido numerosos premios como o Premio Alimentos de España como Mellor Produción Ecolóxica en 2016 ou o Premio Cidade de Pontevedra 2012.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad