Esta actividade formativa está financiada polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia e supón unha gran oportunidade para que, as mulleres en situación de desemprego, adquiran competencias dixitais para a súa empregabilidade e emprendemento
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, clausurou onte o curso do programa ‘Galegas Dixitais’ no que, desde o pasado 19 de setembro, se formaron 20 alumnas mosenses.
Esta acción formativa impartiuse nas aulas da Axencia de Colocación de Mos.
Como xa se dixo,no curso ‘Galegas Dixitais’ participaron 20 mulleres en situación de desemprego. Foi unha oportunidade única para que estas mulleres, a través dunha formación gratuíta, adquiriran as competencias dixitais necesarias para o seu día a día, para a súa empregabilidade e para o emprendemento.
O programa, está organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, e ten como principal obxectivo mellorar as capacidades dixitais das mulleres, favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero. Está financiado polos Fondos europeos NextGenerationEU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, as alumnas participantes foron obsequiadas cun ordenador portátil e unha webcam, cos que poderán por en práctica todo o aprendido.
Esta é a primeira das 3 accións formativas deste programa que están previstas na Axencia de Colocación de Mos, polo que as interesadas en inscribirse nas vindeiras ocasións poden chamar ao teléfono 986 487 786 ou escribir ao correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es