Sthela Táboas 28/10/2022

O Partido Popular minte cando di que existen informes financieiros, xa que non existe estudo económico previo á unhas modificacións inxustas para os veciños, xa que o máis lóxico sería implementar porcentaxes según os ingresos de cada familia ou empresa

Este mércores tivo lugar o Pleno Ordinario de outubro no Salón de Plenos do Concello do Porriño, no que o PP propuso as modificacións nasordenanzas fiscais reguladoras do ICIO e do IBI.

Unha vez analizadas estas bases de modificación polos concelleiros socialistas do Porriño, observaron que “non se contempla o impacto económico que vai repercutir ás arcas municipais” indica David Alonso, “se fixo falta a aprobación de invertir a recadación do ICIO e o IBI deste ano para o pago de nóminas de funcionarios ¿qué pasará se restamos para o vindeiro ano o ingreso deses impostos?”.

O que non contan os populares é que, segundo recollen as bases da modificación destes dous impostos, son moitos os flecos que deixa entre liñas, polo que dende o grupo do PSdeG-PSOE optan por propoñer un sistema de implementación de porcentaxes específicas, según os requerimentos demandados aos beneficiarios, de xeito que non sexa tan xeneralizado.

A tal fin, David Alonso argumenta que “a Ordenanza plantexada beneficia a titulares de grandes patrimonios e grandes empresas, non aplica xusticia social na bonificación destes impostos, xa que non dispón de tramos e barémase igual a unha persoa cuns ingresos de 15.000 € que a outra con 100.000 €; do mesmo xeito que  non é o mesmo bonificar a un propietario dunha vivienda valorada en 600.000 € que a outro cun inmoble con valor de 80.000 €”. Nestes intres os que máis teñen poden soportar esa carga fiscal “xa que o valor impositivo é do 0,40 %, que é o mínimo que contempla a Lei no IBI; e o do ICIO dun 2,2%, sendo o máximo establecido legalmente dun 4%”.

O PP volta mentir, como xa nos ten acostumados, cando afirma que esta modificación conta cos pertinentes informes e estudos financieiros para ser aprobada, e volta facelo cando indica que o PSdeG PSOE non respaldase estas medidas, xa que o que non apoia o grupo socialista é que non se apliquen tramos según os ingresos de cada familia ou empresa. O PP porriñés imita á Xunta de Galicia ao beneficiar as rentas máis altas.

Alonso sinala como “vergoñenta a proposta deste alcalde, máis cando como membro do anterior goberno do PP -con 1.000 desempregados máis no Porriño e cunha tasa de paro do 25%- subíu a tasa de recollida de lixo un 800%, medida que posteriormente os xulgados tumbaron ao declarala anticonstitucional”. Ademáis “ao estar obrigados polo Ministerio de Facenda a acollernos a un plan de pago a proveedores por facturas que él mesmo se negou a pagar -tendo en caixa 13 M€-, esta operación cóstalle aos porriñeses un tipo de interés do 1,25% dun préstamo que axencia estatal obrigou contratar pola súa falla de sentido común. Subliña o concelleiro que “co montante do pago deses intereses, poderíamos asumir una rebaixa fiscal para as familias con menos recursos”.

Lembrámoslle ao goberno que xa no mes de marzo aprobouse, por iniciativa socialista, un bono enerxético do que, ata a data de hoxe, non voltamos saber nada, quizáis porque se gastou en festas. Esta axuda foi plantexada no Pleno polo PSdeG do Porriño, dirixida ao pago da luz de todos os porriñeses que na actualidade o están pasando mal.  

Os socialistas do Porriño “non imos aprobar unhas modificacións inxustas, xa que os veciños deben coñecer a verdade e non imos deixar que se xogue co diñeiro dos seus impostos. Ata o de agora, dende o goberno local só están amosando unha nefasta xestión económica e pensando soamente en gastar por agradar, sen mirar máis alá de servizos fundamentais”. Dende o PSdeG-PSOE do Porriño insistimos en  que “si o PP volta traer ao Pleno unhas modificacións que apliquen xustiza social  según rentas, non dubidaremos en apoialas”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad