Sthela Táboas 28/10/2022

Os grupos da oposición non comulgaron coa proposta da reducción destas taxas municipais ao botar en falla a información referida aos datos económicos entre outros motivos

A proposta de reducción de impostos que o Goberno Municipal levaba o mércores ao Pleno dirixida a familias e empresas porriñesas, non acadou o respaldo esperado polos grupos da oposición. As dúas modificacións das ordenanzas fiscais que contemplan bonificacións no IBI e no ICIO quedaron sobre a mesa a petición do grupo municipal do PSOE, que contou co respaldo de BNG, EU SON e dos concelleiros non adscritos, Manuel Carrera e Lourdes Moure.

A proposta do executivo contempla “bonificacións no IBI do 30% da cuota íntegra para os inmobles que non dispoñan de conexión á rede de saneamento, do 90% e 50% para familias numerosas e de ata un 90% naqueles inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que creen postos de traballo”.

Tamén pagarían menos “aquelas vivendas e empresas que instalasen sistemas de eficiencia enerxética, con bonificacións do 50% da cuota durante cinco periodos impositivos para a finalización ou obtención da obra.  Tamén se incorporaban bonificacións no ICIO do 95%  naquelas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artístico ou de fomento do emprego; do 60% para as obras e construcións necesarias para a posta en marcha de proxectos empresariais e do 30% sobre as instalacións de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo”.

O que non se detalla é que nestas rebaixas fiscais aplícanselle as mesmas bonificacións a unha empresa grande que a unha pequeña, ou a un chalet con respecto dunha vivenda humilde sen ter en conta os ingresos dos seus beneficiarios, polo que non parece que exista equidade.

Aínda que o alcalde, Alejandro Lorenzo, afirmou que “estas rebaixas contan cos pertinentes informes e estudos financieiros para ser aprobado polo Pleno”, os grupos da oposición non dispoñen destes datos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad