Sthela Táboas 28/10/2022

Son catro os asuntos dos que dende o grupo nacionalista demandan que o rexidor informe

No pleno do mes de setembro aprobouse, a instancias do BNG, unha solicitude de comparecencia do Alcalde para dar, na seguinte sesión plenaria, información sobre asuntos de especial relevancia para O Porriño, tanto en materia económica como relativos a inversións ou infraestruturas.

Pasou o pleno de outubro sen comparecer, polo que “o alcalde volve incumprir un acordo maioritario da corporación”. Desde o BNG “denunciamos esta actitude antidemocrática, que amosa o verdadeiro talante dun alcalde que non está cómodo no debate político e se escuda detrás dunha constante campaña de propaganda, para ocultar a súa deficiente xestión. O Porriño precisa unha Alcaldía que respecte os acordos e goberne para tod@s. Limitarse a xestionar o día a día, programar festas e sacarse fotos non chega, Alejandro Lorenzo non está a afrontar con responsabilidade os grandes retos que temos como pobo”.

Algúns dos asuntos solicitados polo Bloque para que o Alcalde informe no Pleno son:

Auditoría e cese da interventora municipal: “Alejandro Lorenzo anunciou ao entrar como Alcalde unha auditoría de contratos e facturación dos exercicios anteriores. Argumentaba, xunto con EU-SON, unha xestión irregular e que o Concello estaba na ruína. Dez meses despois nada sabemos da auditoría e vén de cesar á interventora municipal sen dar explicacións ao respecto. Lorenzo non quere un servizo de intervención que emita informes independentes e non se someta ao poder político. Desde o BNG temos a certeza de que as dúas cuestións están ligadas. A situación económica real do Concello, con todo o mellorable que debeu ser a xestión desta área por parte do PSOE, non era a desfeita que se pregoaba, como proban os case 5 millóns de euros gastados polo PP con cargo ao remanente positivo de tesourería nos 10 meses que leva gobernando”.

Orzamentos: “A finais do mes de xullo o goberno local presentou unha proposta de orzamentos para o exercicio 2022 que non saíu aprobada debido ao escaso interese do PP e á súa nula capacidade de negociación. A proposta incluía un crédito de 9 millóns de euros que endebedaba ao Concello a medio prazo e pretendía ser un cheque en branco para que o Alcalde gastase sen control. A día de hoxe a Corporación descoñece se o goberno vai presentar unha nova proposta ou se está a traballar nas contas do 2023”.

Villa Florida: “Alejandro Lorenzo comprometeuse, unha vez aprobada unha moción presentada polo BNG, a realizar xestións coa familia propietaria do inmoble en venda para valorar a opción de compra por parte do Concello. A día de hoxe nada se sabe do resultado de ditas conversas e o Alcalde non informou aos grupos políticos das mesmas. A iniciativa presentada polo Bloque contempla que a histórica edificación teña un uso cultural e que os xardíns se abran á veciñanza do Porriño”.

Reunión con ADIF: “Tamén se comprometeu a solicitar unha reunión con ADIF, na que participaríamos os grupos da corporación, para coñecermos de primeira man a proposta da administración central no tocante á supresión do paso a nivel. Nada sabemos dunha reunión fundamental para esixirmos como pobo un proxecto ambicioso que mellore a calidade de vida das persoas e non hipoteque O Porriño do futuro”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad