Os grupos da oposición non comulgaron coa proposta da reducción destas taxas municipais ao botar en falla a información referida aos datos económicos entre outros motivos
A proposta de reducción de impostos que o Goberno Municipal levaba o mércores ao Pleno dirixida a familias e empresas porriñesas, non acadou o respaldo esperado polos grupos da oposición. As dúas modificacións das ordenanzas fiscais que contemplan bonificacións no IBI e no ICIO quedaron sobre a mesa a petición do grupo municipal do PSOE, que contou co respaldo de BNG, EU SON e dos concelleiros non adscritos, Manuel Carrera e Lourdes Moure.
A proposta do executivo contempla “bonificacións no IBI do 30% da cuota íntegra para os inmobles que non dispoñan de conexión á rede de saneamento, do 90% e 50% para familias numerosas e de ata un 90% naqueles inmobles urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que creen postos de traballo”.
Tamén pagarían menos “aquelas vivendas e empresas que instalasen sistemas de eficiencia enerxética, con bonificacións do 50% da cuota durante cinco periodos impositivos para a finalización ou obtención da obra. Tamén se incorporaban bonificacións no ICIO do 95% naquelas declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concurrir circunstancias sociais, culturais, histórico-artístico ou de fomento do emprego; do 60% para as obras e construcións necesarias para a posta en marcha de proxectos empresariais e do 30% sobre as instalacións de sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo”.
O que non se detalla é que nestas rebaixas fiscais aplícanselle as mesmas bonificacións a unha empresa grande que a unha pequeña, ou a un chalet con respecto dunha vivenda humilde sen ter en conta os ingresos dos seus beneficiarios, polo que non parece que exista equidade.
Aínda que o alcalde, Alejandro Lorenzo, afirmou que “estas rebaixas contan cos pertinentes informes e estudos financieiros para ser aprobado polo Pleno”, os grupos da oposición non dispoñen destes datos.